viernes, 22 de marzo de 2019

PREPARANDO O SALÓN DO LIBRO

Nestes días estivemos traballando coas nenas e nenos da profe Águeda para rematar o noso conto do Salón do Libro e poder levarllo a Orbil. Quedou ben chulo, pero tivemos que esforzarnos moito para rematalo a tempo.
Estamos moi content@s do resultado, tivemos que:
- elaborar a historia
- facer e recortar os debuxos
- decorar os fondos das páxinas
- escribir os textos de cada parte
- facer varias propostas para o título e decidir a que máis nos gustaba
e finalmente poñernos dacordo na montaxe do libro para que o resultado nos agradase a tod@s.
Ás veces traballamos cada grupo por equipos na súa clase e outras fixémolo xuntos e nos organizamos moi ben.

















Aquí temos o resultado

E xa listo para marchar cara o Salón do Libro cos outros libros de Infantil. A montaxe final é froito do traballo de todo o alumnado do ciclo. Estamos moi orgullos@s do noso "Mundo do Revés".



Nenas e nenos 5ºA Educación Infantil
CEIP MANUEL VIDAL PORTELA



sábado, 16 de marzo de 2019

ENTROIDO


Nestes días andivemos moi atareados preparando a chegada do Entroido: 

- Fixemos os nosos disfraces de peixiños

- Elaboramos diademas con ollos de peixe

- Preparamos  a canción de Río Verde para bailar


O certo é que traballamos e moito. Para os nosos disfraces tivemos que marcar, cortar e pegar escamas nos corpos de peixes que as nosas familias axudaron a preparar. 

Aproveitamos dende aquí para darlles as ¡¡¡GRAZAS!!!, sen eles non poderiamos telos listos.

E nós fixemos a nosa parte do traballo con moito alegría, colaborando todas e todos para os disfraces de todas e todos.






















Chegou o día,  chocolate pola maña e despois......




Preparados e preparadas para saír




























Nenas e nenos educación Infantil5ºA
CEIP MANUEL VIDAL PORTELA