PSICOMOTRICIDADE 1


Bo día familias! Para que os nenos segan movéndose en casa mandámosvos unha proposta de 5 actividades que podedes achegarlles durante esta semana, ánimo e saúdos!



ACTIVIDADE 1: CIRCUITO DE PSICOMOTRICIDADE

– HABILIDADES: Carreira, salto, gateo.


– CAPACIDADES : Coordinación dinámica xeral, axilidade e orientación espacial.


– DESCRICIÓN: Realizar o circuito tal como se amosa no vídeo. Podedes facelo 3 veces despacio para que coñezan o percorrido e 3 veces máis rápido unha vez que teñan claro por onde ir e que facer.


– MATERIAL: 8 latas de refresco e unha escoba. (pódense empregar outros mateirias alternativos como vasos de plástico, botes, rolos de papel hixiénico etc. Para colocar a escoba tamén se poden empregar dúas cadeiras)
 


https://www.youtube.com/watch?v=UFRvy53j3sk&feature=youtu.be

ACTIVIDADE 2: EQUILIBRIOS

– CAPACIDADES: Equilibrio estático e equilibrio dinámico


– DESCRICIÓN: Manter en equilibrio os diferentes mateirais tal como se amosa no vídeo.
As actividades están graduadas en dificultade crecente e deben realizarse como retos en   función da idade e das posibilidades de cada alumno (os máis pequenos o mellor só son  capaces de facer as 3 primeiras os máis maiores poden tentar facelas todas).


– - MATEIRAL: unha culler, unha pelota pequena, un rolo de papel hixiénico e un cartón de papel hixiénico.


https://www.youtube.com/watch?v=AOcyGgr8Rfw&feature=youtu.be

 ACTIVIDADE 3: TENIS GLOBOS

– CAPACIDADES: Coordinación óculo manual.

– HABILIDADES: Desprazamentos, lanzamentos e recepcións.


– DESCRICIÓN: Facer pases por parellas ou dar toques sen que o globo toque o chan.


– MATERIAL: Elaboración dunha raqueta empregando un prato de plástico unido
mediante celo ou pegamento a un trozo de maneira ou similar que faga de mango.





 ACTIVIDADE 4: VARRER PELOTAS

– CAPACIDADES: Coordinación óculo manual, orientación espacial


– HABILIDADES: Desprazamentos.


– DESCRICIÓN: Varrer o maior número de pelotas posible dentro dun cesto durante un  tempo determinado podemos poñer dous minutos por exemplo.


– MATERIAL: Caixa ou cesto, pelotas pequenas (se non se dispón delas empregar bolas  de papel), unha vasoira adaptada.




ACTIVIDADE 5: BAILE

– CAPACIDADES: Ritmo, coordinación dinámica e segmentaria.


– DESCRICIÓN: Realizar a coreografía de Electronic song seguindo o tutorial.



https://www.youtube.com/watch?v=FP0wgVhUC9w&feature=emb_logo





No hay comentarios:

Publicar un comentario