martes, 2 de junio de 2020

SEMANA DO MEDIO AMBIENTE

O venres 5 é o "Día Mundial do Medio Ambiente", polo cal imos dedicar esta semana a esta temática, xa que nos parece de gran importancia para a vida de todos os seres que habitamos este planeta.
Para comezar temos un vídeo que nos fala da importancia de "Reducir, Reutilizar e Reciclar", estade ben atentos á mensaxe que nos trae:

Despois de ver este vídeo, temos unha proposta para facer ao longo desta semana. 
Esta proposta ten 2 partes:
1ª. Pensar e escribir
     - 2 cousas da casa que podemos REDUCIR
     - 2 cousas de casa que podemos REUTILIZAR
     - 2 cousas de casa que podemos RECICLAR
2ª. Crear algún obxecto con algo reutilizado na casa... a ver que se vos ocorre.
Tendes toda a semana para pensar e rematar esta proposta, mentres, deixamos un 2º vídeo que ten moito que ver co anterior e que nos fala do coidado da “AUGA”, un elemento esencial das nosas vidas: 


E como remate queremos deixarvos unha idea de reciclaxe que fai tempo se usaba en moitas casas. Podedes preguntarlle aos vosos avós e avoas, igual a coñecen. Trátase de reciclar o aceite usado para elaborar “Xabón”. Hai xente que o segue facendo hoxe en día. Por si queredes probar, no seguinte enlace, vos deixamos información:
Facer xabón con aceite reciclado 
 Claro, que neste caso, son os adultos os que teñen que manipular durante todo o proceso.
Se coñecedes algunha outra idea que queirades compartir non tendes máis que contala en fotos ou vídeo. Agardamos as vosas propostas.

Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

No hay comentarios:

Publicar un comentario