O venres 5 é o "Día Mundial do Medio
Ambiente", polo cal imos dedicar esta semana a esta temática, xa que nos
parece de gran importancia para a vida de todos os seres que habitamos
este planeta.
Para comezar temos un vídeo que nos fala da importancia de "Reducir,
Reutilizar e Reciclar", estade ben atentos á mensaxe que nos trae:
Despois de ver este vídeo, temos unha proposta para facer ao longo desta semana.
Esta proposta ten 2 partes:
1ª. Pensar e escribir
- 2 cousas da casa que podemos REDUCIR
- 2 cousas de casa que podemos REUTILIZAR
- 2 cousas de casa que podemos RECICLAR
2ª. Crear algún obxecto con algo reutilizado na casa... a ver que se vos ocorre.
Tendes toda a semana para pensar e rematar esta proposta, mentres,
deixamos un 2º vídeo que ten moito que ver co anterior e que nos fala do
coidado da “AUGA”, un elemento esencial das nosas vidas:
E como remate queremos deixarvos unha idea de reciclaxe que fai tempo se
usaba en moitas casas. Podedes preguntarlle aos vosos avós e avoas,
igual a coñecen. Trátase de reciclar o aceite usado para elaborar
“Xabón”. Hai xente que o segue facendo hoxe en día. Por si queredes
probar, no seguinte enlace, vos deixamos información:
Facer xabón con aceite reciclado
Claro, que neste caso, son os adultos os que teñen que manipular durante todo o proceso.
Se coñecedes algunha outra idea que queirades compartir non tendes máis
que contala en fotos ou vídeo. Agardamos as vosas propostas.
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil