Mostrando entradas con la etiqueta SERES FANTÁSTICOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SERES FANTÁSTICOS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de abril de 2020

O SEU FOGAR

E ao igual que Carabuñas ten a súa casiña, os nosos Seres Fantásticos precisan dunha para vivir. 

Imos pensar que cousas temos na casa para construír un fermoso fogar para cada un dos nosos seres. Podemos utilizar todo tipo de materiais. 

Cando rematemos a nosa obra podemos facerlle unha foto, imprimila e pegala no noso libro ou ben tentar debuxala. Tamén podemos deixar a páxina preparada para imprimir e pegar noutro momento. 

¡¡Mans a obra!! Hoxe seremos construtores.
 Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil.

CARABUÑAS

E o conto deste día titúlase “Carabuñas”. 
Carabuñas é un bruxo un tanto peculiar que pola noite sae buscar cativos para encher a súa despensa… pero é realmente tan temible como quere aparentar?? 
Este conto foi escrito por Margarita del Mazo e ilustrado por Charlotte Pardi e a montaxe do vídeo que ides escoitar elaborada por alumnado e profesorado do CEIP Coirón-Dena


Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

martes, 21 de abril de 2020

CHÁMASE


E como xa temos cadaquén o seu Ser Fantástico favorito agora temos que buscarlle un nome, porque, a todas e todos nos gusta que nos chamen polo noso. Pois o voso Ser Fantástico tamén precisa saber quen é.
Polo tanto, imos pensalo moito, moito… e cando atopemos o nome perfecto, imos poñelo na seguinte páxina do noso libro en letras ben grandotas e dobres e decoralo como sabemos facelo.
PIQUÍN vai estar encantado de ter novos personaxes fantásticos para facerlle compañía.
Moito ánimo!!! 
 Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil.

miércoles, 18 de diciembre de 2019

SERES FANTÁSTICOS

Traballando os Seres Fantásticos os nenos e as nenas elexiron: Dragóns, Fadas da auga e Sereas, todos eles protectores da Naturaleza.
Un equipo decediu facer Dragóns, outro Sereas e outro Fadas. a pesar de ter que  colaborar uns con outros.






 DRAGÓN
 


FADA

 











 SEREA










Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil