Mostrando entradas con la etiqueta NA CASA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NA CASA. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de junio de 2020

INFANTIL 2017-2020



Rematamos curso, rematamos ciclo e non podemos facelo sen levarnos unha imaxe conxunta de todas e todos. 

Quedan fermosos recordos, bos momentos e moito cariño que sempre nos farán compañía. 
Agora toca descansar e desfrutar das vacacións de verán.
En setembro voltaremos ao cole para iniciar unha nova etapa, farémolo con ilusión e renovada enerxía.
Os mellores desexos para todas e todos
¡¡¡BOAS VACACIÓNS!!!
Nenas e nenos de Ed.6ºA Educación Infantil

jueves, 18 de junio de 2020

COIDANDO O NOSO PLANETA

E non podemos rematar este ano sen ocuparnos dun tema que nos preocupa moito:
"Cambio Climático"
Así que pensamos e pensamos que podíamos facer para mellorar e coidar o noso planeta e aquí van as nosas ideas:








Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

viernes, 12 de junio de 2020

ASÍ FOMOS MEDRANDO

DE TRES AOS SEIS ANOS. .Tecleamos na imaxe para ver como foi.

https://drive.google.com/file/d/15Z2sABCcTTbJkVR8nN_axFOXFVmGnW4L/view
 Nenas e nenos 6ºA Educación

jueves, 11 de junio de 2020

AL LIÑAS E A XEOMETRÍA

Ao longo do mes de Maio estivemos afondando arredor da Xeometría: na casa, na rúa e nas obras de diferentes pintores. 

Xogamos coas liñas, as cores e as formas e aquí temos unha mostra con fermosos resultados.

Liñas pechadas










Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

martes, 9 de junio de 2020

OS PEIXES

A semana pasada falamos do coidado da auga e do importante que é este elemento para todos os seres vivos. Pois hoxe, imos falar de animais que viven na auga: Os Peixes.

Aquí vos deixamos un pequeno documental que esperamos vos guste moito.
Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

lunes, 8 de junio de 2020

O COELLIÑO BRANCO

Para comezar esta semana, xa na conta atrás, pensamos que era boa idea facelo cunha nova entrega de contos.
Hoxe tócalle á profe Elena. Ela quere compartir con nós un lindo conto que seguro recoñecedes "O coelliño branco".
Unha versión que podemos desfrutar desde este momento.
Moitas Grazas profe Elena.



Nenos e nenas 6A Educación Infantil

viernes, 5 de junio de 2020

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Como xa sabedes, hoxe 5 de Xuño, é o “Día Mundial do Medio Ambiente”.
Xa dixemos que esta semana todo xiraría arredor do seu coidado. Neste día especial, imos comezar cun vídeo sobre o CAMBIO CLIMÁTICO





E continuamos esta xornada cunhas propostas enviadas polas mestras de apoio de Ed. Infantil para xogar ao longo destes días. A primeira delas vai sobre Ioga e Animais do mar.

E tamén



Estas propostas tamén podedes atopalas no apartado "Tempo na Casa" en Psicomotricidade 9.
Esperamos que as desfrutedes moito
Nenas e nenos 6º A Educación Infantil

jueves, 4 de junio de 2020

RETRATOS LETRAS GALEGAS 2020

 Piquín xa fixo a recollida de todos os retratos que lle chegaron coa proposta das Letras Galegas. Con todos eles fixo un fermoso vídeo que vos quere amosar.
Desfrutade coa presentación e espero atopedes o voso debuxo.
Facede click na foto e chegaredes axiña á súa páxina.


http://bibliopiquin.blogspot.com/
Un bico grande de Piquín
Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

martes, 2 de junio de 2020

SEMANA DO MEDIO AMBIENTE

O venres 5 é o "Día Mundial do Medio Ambiente", polo cal imos dedicar esta semana a esta temática, xa que nos parece de gran importancia para a vida de todos os seres que habitamos este planeta.
Para comezar temos un vídeo que nos fala da importancia de "Reducir, Reutilizar e Reciclar", estade ben atentos á mensaxe que nos trae:

Despois de ver este vídeo, temos unha proposta para facer ao longo desta semana. 
Esta proposta ten 2 partes:
1ª. Pensar e escribir
     - 2 cousas da casa que podemos REDUCIR
     - 2 cousas de casa que podemos REUTILIZAR
     - 2 cousas de casa que podemos RECICLAR
2ª. Crear algún obxecto con algo reutilizado na casa... a ver que se vos ocorre.
Tendes toda a semana para pensar e rematar esta proposta, mentres, deixamos un 2º vídeo que ten moito que ver co anterior e que nos fala do coidado da “AUGA”, un elemento esencial das nosas vidas: 


E como remate queremos deixarvos unha idea de reciclaxe que fai tempo se usaba en moitas casas. Podedes preguntarlle aos vosos avós e avoas, igual a coñecen. Trátase de reciclar o aceite usado para elaborar “Xabón”. Hai xente que o segue facendo hoxe en día. Por si queredes probar, no seguinte enlace, vos deixamos información:
Facer xabón con aceite reciclado 
 Claro, que neste caso, son os adultos os que teñen que manipular durante todo o proceso.
Se coñecedes algunha outra idea que queirades compartir non tendes máis que contala en fotos ou vídeo. Agardamos as vosas propostas.

Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

lunes, 1 de junio de 2020

XUÑO

Xuño xa chegou, as vacacións de verán están cerquiña, e queremos comezalo cantando e bailando esta fermosa canción:



 E agora xa preparados para  unha nova folla de calendario, a última deste curso.
Xa sabedes como facelo, pero imos recordar os pasos:

- Escribir o nome deste mes, XUÑO, arriba na folla e marcar 1 liña horizontal por debaixo

- Dividir o espazo que queda en 7 partes trazando liñas verticais

- Trazar liñas horizontais para facer os cadros. Contade cantas filas precisades.

- Escribir os días da semana na primeira fila
Xa temos o noso calendario preparado.
E por supostos que si vos apetece podedes decoralo.


 Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

viernes, 29 de mayo de 2020

A QUE SABE A LÚA

Rematamos esta semana cun conto ben coñecido "A que sabe a Lua?", nunha fermosa presentación feita pola profe Natalia e que quere compartir con nós. 

Unha linda versión para desfrutar no día de hoxe.

Moitas Grazas Natalia. 



E despois do conto, imos movernos coas novas propostas de Psicomotricidade que nos enviaron as profes Natalia e Rosi. Desfrutádeas moito.









Propostas que tamén podedes atopar en "Tarefas na Casa" en Psicomotricidade 8.
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

jueves, 28 de mayo de 2020

A NOITE DAS MUDANZAS

O último conto que imos traballar nesta semana é “A noite das Mudanzas”, escrito por Pep Bruno e que nos achega aos animais da granxa dunha maneira divertida.



Como tarefa, a proposta para hoxe é a seguinte:
1º- Escribir o título do conto
2º- Debuxar unha granxa
3º- Facer en collage a lo menos 3 dos animais que saen no conto e pegalos na granxa
Utilizade materias diversos para facelos: algodón, papel arrugado, tiras de papeis de cores, tea, la…
4º- Anotar se este conto me gusta, se me gusta solo un pouco ou non me gusta nada
Aquí tendes a portada do conto e o modelo co título e valoración.


Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

miércoles, 27 de mayo de 2020

OS SEIS BARBUDOS


Estamos a mércores, no medio da semana, e toca un conto que nos fala de como poden enganar as aparencias e crear prexuízos inxustos. Trátase do conto “Os seis Barbudos” escrito por Mar Pavón.
Desfrutádeo.




En canto a tarefa proposta a partir do conto:
1º- Escribir o título do conto
2º- Facer o debuxo da páxina que máis vos guste
3º- Anotar se este conto me gusta, se me gusta solo un pouco ou non me gusta nada
Aquí tendes a portada do conto e o modelo co título e valoración.


Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil


martes, 26 de mayo de 2020

CHIBOS CHIBÓNS


Seguimos co conto “Chibos Chibóns”, un conto popular adaptado por Olalla González e ilustrado por Federico Fernández. 

Aquí temos un vídeo que esperamos que vos guste.


E a tarefa proposta para hoxe consiste en:

1º- Escribir o título do conto

2º- Debuxar unha paisaxe de montaña

3º- Facer noutro papel os 3 chibos: grande / mediano / pequeno. Teñen que diferenciarse ben os tamaños. É preciso deixarlles unha pestaniña por abaixo. 

4º-Recortar os chibos, dobrar a pestana de cada un e pegala, de xeito que os chibos se poidan levantar na paisaxe.

5º- Anotar se este conto me gusta, se me gusta solo un pouco ou non me gusta nada

Deixamos de novo a portada e o modelo co título e valoración por si queredes utilizalos de guía.


lunes, 25 de mayo de 2020

A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR


Estamos na última semana de Maio e ao longo destes días imos traballar cos contos, contos que xa coñecemos e que fomos desfrutando ao longo destes 3 anos que compartimos todas e todos xuntos.
De luns a xoves faremos un pequeno rexistro, con diferentes tarefas, partindo do conto de cada día .
Hoxe luns, comezamos con “ A Tartaruga que quería durmir”, conto de Roberto Aliaga


¿Cal e a tarefa proposta despois de ver e escoitar este conto? Aquí a tendes:

1º- Escribir o título do conto

2º- Debuxar a portada

3º- Anotar se este conto me gusta, se me gusta solo un pouco ou non me gusta nada

Aquí tendes a foto da portada do conto e o modelo de rexistro para esta tarefa, vos axudarán a realizala.



NENAS E NENSO 6º A EDUCACIÓN INFANTIL

viernes, 22 de mayo de 2020

MÚSICA E XOGOS TRADICIONAIS

Xa estamos a venres, temos que prepararnos para a fin de semana. Así que toca mover o corpo cunha canción de Brinca Vai titulada "Meu mundo é", a ver si recoñecedes os lugares que aparecen no vídeo. Podedes cantala e bailala.


E imos seguir con Xogos Tradicionais, agora coas propostas de Psicomotricidade que nos enviaron as mestras Natalia, Ana e Rosi para esta ocasión. Desfrutádeas en familia, tamén no sábado e domingo.

 






 Estas propostas tamén podedes atopalas no apartado "Tempo na casa" en Psicomoticidade 7.

Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

jueves, 21 de mayo de 2020

TRES EN RAIA

Sabemos o importante que é XOGAR, forma parte da vida de todas as persoas, sobre todo nos primeiros anos, na vosa idade é fundamental.
Ás veces xogamos sós, outras en parella e moitas en grupos.
Hoxe queremos propoñervos a elaboración dun xoguete para utilizar en parella, seguro que na vosa casa hai alguén que o coñece: "Tres en Raia".
Imos empezar cun pequeno vídeo no que explican os pasos para crear este xogo:
Agora toca facer o voso:
- Debuxar nunha folla un modelo do Tres en Raia e facer tantos cadrados como aparecen no vídeo
- Recortar o taboleiro e pegalo nun cartón, cartolina... que sexa algo máis grande, de xeito que quede unha marxe todo arredor.
- Escribir, onde se vexa ben, o nome do xogo "TRES EN RAIA"
- Deseñar as 6 fichas, 3 cun modelo e 3 con outro diferente. O deseño non ter que ser igual ao que aparece no vídeo. Poden ser animais, caras, froitas... Podemos facelas no material que queiramos.
- Decorar as 6 fichas
E... a xogar!!!
Nenas e nenos 6ºA Educacion Infantil

miércoles, 20 de mayo de 2020

XOGOS TRADICIONAIS

Como estamos na Semana das Letras Galegas, hoxe imos continuar facendo un repaso por algúns  Xogos Tradicionais. 
Seguramente as persoas adultas das vosas familias coñecen a maioría deles ou algún outro parecido. Tamén é posible que xogasen a eses xogos cando eran nenas e nenos coma vós. Preguntádelle  cales.
Aquí temos un vídeo feito por Francisco Rodríguez sobre xogos tradicionais nos que participan nenas e nenos dos "CEIP Mosteiro de Caveiro e CEIP de Piloño"

Despois de ver os diferentes xogos, imos elixir entre os que aparecen no vídeo e os que  recorden papás, mamás, avós, avoas... os 3 que máis nos gusten.
Agora que xa o temos decidido a tarefa consiste en:
- Escribir o nome deses 3 xogos 
- Escribir o nome dos obxectos que precisamos para xogar a cada un deles. 
- E para rematar, debuxar eses obxectos.
Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil 


lunes, 18 de mayo de 2020

XOGANDO COAS LETRAS GALEGAS

Imos continuar esta semana xogando coas Letras Galegas.

As profes Ana, Natalia e Rosi fixeron para nós unha selección de recursos e elaboraron unha actividade LIM para aprender xogando con algúns dos escritores e escritoras máis coñecidos homenaxeados nas Letras Galegas.
Para empezar imos desfrutar coa seguinte canción de "Uxía Lambona e a Banda Molona" titulada "Verdescente"



E despois de bailar con eles aquí tendes un LIM para coñecer mellor algúns dos escritores e escritoras galegos


https://www.chiscos.net/xestor/chs/guidma8/letras_galegas_20122/letras_galegas_2012.html

Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil




LETRAS GALEGAS 2020

Onte, domingo 17 de Maio, foi o "Día das Letras Galegas". Para Piquín é unha data importante e non quixo deixala pasar sen facervos unha proposta especial.
Esa proposta especial ven sendo a nosa tarefa de hoxe. 

Este ano, as Letras Galegas están dedicadas ao escritor Carvalho Calero, así que en Bibliopiquín tendes un vídeo sobre a súa vida e tamén un poema. 

E ademais, tendes unha presentación con fotos dos autores e autoras homenaxeados ao longo dos anos a partir da cal fai Piquín a súa proposta: realizar un retrato dunha desas persoas  caracterizada como Ser Fantástico Coidador da Lingua.

Fixádevos ben nas últimas fotos da presentación, porque seguro que algún será coñecido.

Clicade na seguinte imaxe e chegaredes axiña, Piquín espera con moita ilusión as fotos dos vosos traballos. 


http://bibliopiquin.blogspot.com/




Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil