lunes, 27 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 19

Este ano celebramos as Letras Galegas no cole con varias actividades: exposición de carteis, obradoiro "Cóntoche un traxe" e por suposto a nosa xa casi tradicional Xincana.

A Xincana das Letras foi na biblioteca, este ano o homenaxeado é Antón Fraguas.

Fixemos equipos cos nenos e nenas da profe Águeda e  rotamos por diferentes recunchos para realizar as actividades propostas.

Tiñamos sudokus, crebacabezas, mural, collage e retrato. Traballamos en equipo para resolvelas, e aínda que algunhas eran un pouquiño difíciles, conseguímos acadar o noso obxectivo.



Nenos e nenas 5ºA Educación Infantil
CEIP MANUEL VIDAL PORTELA

APIPOLÍS

A nosa excursión de fín de curso todo o día, con comida. Participamos en varios talleres:galletas, envasado de mel, abellas entre elas a raiña e colmeas. Portamonos moi ben e  tamen o disfrutamos moito, todos os nenos e nenas de infantil  compartindo experiencias.
Aproveitamos para aprenders moitas cousas das abellas e o mel.


 Nenas e nenos 5ºA Educación Infantil
CEIP MANUEL VIDAL PORTELA