O venres 10 de Maio tivemos no cole unha actividade sobre o traxe galego. Montse, a
monitora da actividade, falounos do traballo feito por Antón Fraguas,
homenaxeado nas Letras Galegas 2019, arredor das tradicións galegas. No
seu traballo recolleu moitos datos da roupa que se utilizaba aquí fai
moitos anos.
Montse explicounos como eran os traxes e tamén como se chamaba cada unha
das prendas utilizadas e vestiu a tres voluntarios ao longo da súa
charla.
Ao rematar poidemos facernos unha foto colocándonos detrás duns carteis
de neno e nena pandereterios e asomando as nosas caras. ¡¡¡Quedamos ben
guapos!!!
Nenos e nenas 5º Educación Infantil
CEIP MANUEL VIDAL PORTELA