O GANAPÁN
Fomos de visita ao Mercado cos compañeiros e compañeiras de 5ºB. Case
todos recoñecimos o sitio porque vivimos moi cerquiña. Algúns de nós xa
estiveramos dentro coas nosas familias. Aínda así, aprendimos un montón
de cousas sobre os productos que se venden na plaza. As monitoras da
actividade, Lorena e Sandra, foron moi atentas con nós e con elas
fixemos unha visita guiada por las diferentes zonas do mercado:
carnicería, peixaría, froitería...Un dos postos que máis nos gustou foi o
de venta de marisco, onde puidemos ver algún exemplar aínda vivo.
Ao finalizar o percorrido subimos á sala O Ganapán, alí decoramos uns
peixiños para facer un libriño. Para rematar comimos unha rica tosta de
paté e volvimos ben contentas e contentos para o cole.