Mostrando entradas con la etiqueta xeometría. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xeometría. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de junio de 2020

AS NOSAS CIDADES XEOMÉTRICAS.

Xogando coas distintas formas,  imos facendo construcións que   observamos pola rúa

 VÍCTOR
 JULEN
 PABLO- CAMPO DE FUTBOL
 ENZO
 JOEL
 LOIS .- GARAXE
ALBA
Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

AL LIÑAS E A XEOMETRÍA

Ao longo do mes de Maio estivemos afondando arredor da Xeometría: na casa, na rúa e nas obras de diferentes pintores. 

Xogamos coas liñas, as cores e as formas e aquí temos unha mostra con fermosos resultados.

Liñas pechadas










Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

jueves, 14 de mayo de 2020

IMITANDO A YAYOI KUSAMA

E para rematar esta semana de Arte viaxaremos ben lonxe, ata Xapón. Imos coñecer un pouquiño mellor a unha artista da que xa falamos fai algún tempo, Yayoi Kusama. 

Esta muller coñecida en todo o mundo, utiliza as formas redondeadas, os puntos e lunares para crear fantásticas obras como as que aparecen no seguinte vídeo:

A continuación tendes 2 das súas obras:


Observade ben, prestade atención ás formas, porque un dos elementos máis utilizados por Yayoi son como podedes ver os lunares.
A tarefa de hoxe consiste en facer o voso propio cadro cunha condición: que estea feito a base de LUNARES de cores.

Podedes facer unha paisaxe, debuxarvos vós, unha composición libre... o que queirades, pero tendes que encher a folla e estar feito ou decorado a base de lunares de cores. 

Utilizade os materiais que queirades: pintura, ceras, rotuladores, papeis variados para collage...

E cando teñades rematado, buscade un título e amosade o resultado para que todas e todos poidan desfrutalo.
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil 


lunes, 11 de mayo de 2020

LIÑAS ABERTAS E PECHADAS

E para comezar esta nova semana imos xogar un pouquiño coas liñas. Seguiremos con "Xeometría" pero, desta volta, imos probar con algo diferente. Mirade o seguinte vídeo:

Agora tócanos a nós, pero en lugar de facer moitas liñas imos facer unha soa ¿como?...

Pois da seguinte maneira:

- Collemos un papel e un rotulador da cor que queiramos

- Empezamos no lugar do papel que máis nos guste e garabateamos sen levantar o rotulador
- Cruzamos dun lado a outro varias veces, trazamos curvas e rectas ata que decidamos parar
- Rematamos no punto de inicio

(Fixemos unha sola liña pero acadamos moitos espazos pechados diferentes)

- Para rematar coloreamos cada espazo pechado dunha cor, pódense repetir pero non quedar 2 cores iguais xuntas. 

A tarefa estará rematada cando a folla estea toda coloreada facendo un fermoso mosaico.
Aquí tendes algúns exemplos xa empezados que vos poden servir de modelo.

 
 

Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

jueves, 7 de mayo de 2020

DESCUBRIMOS COA XEOMETRÍIA

Seguindo coa Xeometría, imos comezar por ver este novo corto do "Bosque dos Comos".
Aínda que non coñeceramos o nome "Corpo Xeométrico", seguro que ao ver as diferentes formas xa nos decatamos de que se trataba. 
Pois ben, onte, tomamos medidas de partes e cousas da casa. Hoxe, cando saiamos de paseo ou mirando pola ventá, imos fixarnos nas diferentes formas que podemos atopar na rúa. Seguro que vemos corpos con formas redondas e planas como decía no vídeo.
A tarefa proposta é buscar pola casa caixas, botes, pezas de xogos... coas que podamos representar algúns deses "corpos xeométricos" que atopamos na rúa: árbores, edificios, farois, fontes...
¿Que se vos ocorre que podemos construír?... Xogade coas pezas que atopedes, dádelles voltas, construíde a vosa cidade ao voso gusto.
Cando a teñades non esquezades sacarlle unha foto para ensinarlla aos demais.
 
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil.

miércoles, 6 de mayo de 2020

A XEOMETRÍA NA VIDA

¿Que é a Xeometría? ¿Onde está?
Pensade e escribide 2 ou 3 palabras como resposta.
E unha vez que as teñades imos ver o seguinte corto da serie “O Bosque dos Comos”.


 Agora xa sabemos que a nosa vida está rodeada de Xeometría, seguro que as vosas respostas tamén expresaban o mesmo, que todos os obxectos que podemos ver e tocar teñen diferentes formas.
Tamén sabemos que podemos representalos como figuras planas no papel debuxando a súa forma, ou por medio doutros materiais para darlles volume. 
Así que imos pensar en partes e cousas da casa que teñan diferentes formas e medidas. Podemos empezar por tomar esas medidas (alto, ancho, longo) como: 
- A nosa habitación, a porta, a mesa, un caixón… ou todo canto se vos ocorra. 
Ide anotando esas medidas e debuxando e escribindo nunha folla de que se trata. 
Tentade facelo a lo menos con 5 elementos ben diferentes.
Nenos e nenas 6ºA Infantil