Aínda que non coñeceramos o nome "Corpo Xeométrico", seguro que ao ver as diferentes formas xa nos decatamos de que se trataba.
Pois ben, onte, tomamos medidas de partes e cousas da casa. Hoxe, cando
saiamos de paseo ou mirando pola ventá, imos fixarnos nas diferentes
formas que podemos atopar na rúa. Seguro que vemos corpos con formas
redondas e planas como decía no vídeo.
A tarefa proposta é buscar pola casa caixas, botes, pezas de xogos...
coas que podamos representar algúns deses "corpos xeométricos" que
atopamos na rúa: árbores, edificios, farois, fontes...
¿Que se vos ocorre que podemos construír?... Xogade coas pezas que
atopedes, dádelles voltas, construíde a vosa cidade ao voso gusto.
Cando a teñades non esquezades sacarlle unha foto para ensinarlla aos demais.
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario