Pensade e escribide 2 ou 3 palabras como resposta.
E unha vez que as teñades imos ver o seguinte corto da serie “O Bosque dos Comos”.
Agora xa sabemos que a nosa vida está rodeada de Xeometría, seguro que as vosas respostas tamén expresaban o mesmo, que todos os obxectos que podemos ver e tocar teñen diferentes formas.
Tamén sabemos que podemos representalos como figuras planas no papel
debuxando a súa forma, ou por medio doutros materiais para darlles
volume.
Así que imos pensar en partes e cousas da casa que teñan diferentes
formas e medidas. Podemos empezar por tomar esas medidas (alto, ancho,
longo) como:
- A nosa habitación, a porta, a mesa, un caixón… ou todo canto se vos ocorra.
Ide anotando esas medidas e debuxando e escribindo nunha folla de que se trata.
Tentade facelo a lo menos con 5 elementos ben diferentes.
Nenos e nenas 6ºA Infantil
No hay comentarios:
Publicar un comentario