E para rematar esta semana de Arte viaxaremos ben lonxe, ata Xapón. Imos
coñecer un pouquiño mellor a unha artista da que xa falamos fai algún
tempo, Yayoi Kusama.
Esta muller coñecida en todo o mundo, utiliza as formas redondeadas, os
puntos e lunares para crear fantásticas obras como as que aparecen no
seguinte vídeo:
A continuación tendes 2 das súas obras:
Observade ben, prestade atención ás formas, porque un dos elementos máis utilizados por Yayoi son como podedes ver os lunares.
A tarefa de hoxe consiste en facer o voso propio cadro cunha condición: que estea feito a base de LUNARES de cores.
Podedes facer unha paisaxe, debuxarvos vós, unha composición libre... o
que queirades, pero tendes que encher a folla e estar feito ou decorado a
base de lunares de cores.
Utilizade os materiais que queirades: pintura, ceras, rotuladores, papeis variados para collage...
E cando teñades rematado, buscade un título e amosade o resultado para que todas e todos poidan desfrutalo.
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil
No hay comentarios:
Publicar un comentario