Estamos en venres, 15 de Maio, e hoxe celébrase o "Día da Familia".
Todas as nenas e nenos do mundo teñen DEREITO a ter unha familia que os queira, os coide e se preocupe polo seu benestar. Nese sentido todas as nosas familias se parecen.
Pero tamén é certo que cada familia é diferente, polo número de persoas que conviven, como están formadas, os seus gustos... porque hai "Unha chea de Familias" diferentes e Todas, Todas son igual de válidas.
Para celebrar esta data imos comezar cunha canción baseada no conto titulado xustamente: "Unha chea de Familias", de Xosé A. Neira Cruz.
E continuamos a nosa xornada cunhas propostas enviadas polas mestras de apoio de Ed. Infantil para xogar en familia ao longo do día e da fin de semana.
Estas propostas tamén podedes atopalas no apartado "Tempo na Casa" en Psicomotricidade 6.
Esperamos que as desfrutedes moito.
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil
No hay comentarios:
Publicar un comentario