viernes, 27 de diciembre de 2019

VISITA DE LILIANA


Este mes tivemos a sorte de contar coa visita de Liliana, a tía de Xabi, no cole.
Veu falarnos sobre as "Campás de Cerponzóns".
Como sabedes, este ano estamos traballando sobre as Campás e o oficio de Campaneiro dentro das propostas de Escolas Unesco. Cando comezamos a investigar descubrimos que Liliana era unha experta na historia das campás da igrexa do seu pobo, Cerponzóns. 
Decidimos invitala para que nos falara delas e ademais de contarnos moitas cousas interesantes trouxo unhas fotos e vídeos moi chulos.
Agora sabemos os anos que teñen, de que están feitas, canto miden e sobre todo descubrimos a súas funcións ao longo do tempo: para saber a hora, se tocaba misa, se morrera alguén, se había lume... para algunhas delas todavía seguen sendo usadas.  
E por suposto, contounos a razón pola que o toque dalgunhas campás está proposto para ser declarado Patrimonio da Humanidade: seguer facéndose de xeito manual.
¡¡¡MOITAS GRAZAS LILIANA!!! por compartir un ratiño con nós e ensinarnos tantas cousas. E tamén grazas Xabi por traela.
 



 
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

sábado, 21 de diciembre de 2019

NADAL

 A última semana do trimestre coincidindo co final do ano tivemos unha semana atareada  Visitanos O Apalpador e deixanos un libro de regaloe
 Máis tarde aparece Papa Noel. que nos deixa unhas golosinas.
No salón de actos Susa Herrera  que nos conta contos
Música polos nenos e nenas de 3º curso de primaria. 


Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil



viernes, 20 de diciembre de 2019

CUMPLEANOS DECEMBRO

¡Moitas Felicidades Pablo!  Xa son 5















Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil