viernes, 5 de febrero de 2016

DESFILE DE ENTROIDO

Chegou o día desexado. Cantas ganas!
Vestìmonos e saimos o patio para desfilar e compartir estos momentos  con todos os compañeiros e compañeiras do cole.
 
 
 
 
 
 
 
 
 



Nenas e nenos 5ºA Educación Infantil
CEIP MANUEL VIDAL PORTELA

BOLBORETAS COAS MANS

Facemos bolboretas coas nosas mans, axudándonos de dous en dous.


Nenos e nenas 5ºA Educación Infantil
CEIP MANUEL VIDAL PORTELA

PREPARANDO O ENTROIDO

Pensamos o disfraz de entroido. Ten que ser de bichos. Levounos tempo poñernos de acordo para ir todos e todas iguais, máis conseguímolo: Bolboretas.
Foi unha sorpresa grande cando os nenos e nenas da outra clase nos dín que tamén van de bolboretas. ¡que casualidade!
Que necesitamos:ás e antenas. 
As ás facémolas na escola, as antenas na casa.
Necesitamos cartolinas e circulos de papel. 
Poñemonos todos e todas  a traballar e facemos moitos circulos con papeis variados: de regalo, charol e tamén aproveitando folios que sobran das fotocopias coloreandoos.
Logo facemos 4 equipos de expertos:
Equipo nº1- recorta ás
Equipo nº2- pega corpos
Equipo nº3- pega círculos
Equipo nº4- continua cos círculos.
Estos equipos non son fixos. Como todos somos expertos en todo, rotámolos. Así conseguimos preparar as ás para todos e todas.
Podémolas ver nesta presentación


Unha vez feitas todas, cada neno, nena eliximos a que queremos e entón con axuda de gomets personalizamos a nosa bolboreta.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 Poñemoslles o noso nome e rematamos o traballo. Agora quedanos esperar que chegue o día 5.
Nenos e nenas 5ºA Educación Infantil
CEIP MANUEL VIDAL PORTELA

jueves, 4 de febrero de 2016

DÍA DA PAZ

Para celebrar o día da paz na clase fixemos un debuxo de cada un de nós, os compañeiros e compañeiras da clase elexiron unha mensaxe bonita para escribir ao lado de cada un e de cada unha. Coa profe de Inglés fixemos pombas da paz e colocamos o noso tendal cos banderíns que troixemos da casa
 
 
 
 
No colexio, no patio fíxose unha solta de pombas,
 
 
 
 
 
 Rematamos no Salón de actos coa lectura dun manifesto, a canción do himno da alegría e un baile. 
 Nenas e nenos de 5ºA Educación Infantil
CEIP MANUEL VIDAL PORTELA

ENGULINDO CONTOS


Marta estivo con nós na Biblioteca  para facer un conto con todos os nenos e nenas dos colexios de Pontevedra, donde cada aula vai engadindo un pouquiño ata facer un conto.  O protagonista vai ser "O ENGULECONTOS" un monstro que fomos diseñando coa axuda de Marta 


 
  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
  Cando teñamos o conto xa volo ensinaremos
Nenas e nenos 5ºA Educación Infantil
CEIP MANUEL VIDAL PORTELA