Foi unha sorpresa grande cando os nenos e nenas da outra clase nos dín que tamén van de bolboretas. ¡que casualidade!
Que necesitamos:ás e antenas.
As ás facémolas na escola, as antenas na casa.
Necesitamos cartolinas e circulos de papel.
Poñemonos todos e todas a traballar e facemos moitos circulos con papeis variados: de regalo, charol e tamén aproveitando folios que sobran das fotocopias coloreandoos.
Logo facemos 4 equipos de expertos:
Equipo nº1- recorta ás
Equipo nº2- pega corpos
Equipo nº3- pega círculos
Equipo nº4- continua cos círculos.
Estos equipos non son fixos. Como todos somos expertos en todo, rotámolos. Así conseguimos preparar as ás para todos e todas.
Podémolas ver nesta presentación
Unha vez feitas todas, cada neno, nena eliximos a que queremos e entón con axuda de gomets personalizamos a nosa bolboreta.
Poñemoslles o noso nome e rematamos o traballo. Agora quedanos esperar que chegue o día 5.
Nenos e nenas 5ºA Educación Infantil
CEIP MANUEL VIDAL PORTELA