jueves, 20 de junio de 2019

COMPARTINDO TRABALLOS

Os nenos e nenas de 6º de Primaria fixeron unhas maquetas de circuitos xeniais. 

Como tiñamos moitas ganas de velas funcionando, viñeron a clase para amosárnolas, a nós e aos nenos e nenas da profe Agueda. Contáronnos como as fixeron, que materiais utilizaron e como funcionaban. 

¡¡¡Gustounos moitísimo!!! e estivemos moi atentos e atentas aos seus comentarios.

¡¡¡Grazas!!! rapaces e rapazas e tamén a súa profe Judit por compartir con nós ese ratiño e os vosos fermosos traballos.







Nenas e nenos 5ºA Educación Infantil
CEIP MANUEL VIDAL PORTELA