Este xoves, día 7, fomos visitar unha exposición titulada "Con D de Arte" ao Café Moderno.
Alí esperaban por nós Iago e Marta, os nosos guías.
Cando chegamos nos contaron que Pintafontes tiña un pequeno problema. As
súas amigas, a liña e a cor, estaban enfadadas. Estiveron pelexando e
por accidente déronlle un golpe a Pintafontes deixándolle un ollo
morado.
Percorremos a exposición en busca das liñas e as cores que había nos
cadros e comprobamos como pouco a pouco volveron facerse amigas e o
problema quedou solucionado.
Ao rematar a visita e antes de voltar ao cole, nós tamén fixemos uns fermosos cadros cheos de liñas e de cores.
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil
No hay comentarios:
Publicar un comentario