martes, 31 de marzo de 2020

CREAMOS FLORES


E para sentir na nosa casa esa forza da Primavera, imos tentar crear fermosas flores, pero non debuxadas ou pintadas, senón fóra do papel. 
Teremos que crealas con todo aquelo que teñamos a man para encher de cores o noso fogar. 

- Buscade pauciños, papel para enrolar ou similar para facer os talos e poder colocalas logo de pé.

- Agora precisamos facer a flor cheíña de pétalos (moldes magdalenas, algodón, botóns, papel, tea…) e fixala no talo.

- Para rematar podemos engadir algunha folliña se nos parece.

Cando teñades varias, podedes repartilas polos diferentes lugares da casa, facer un ramo para a sala ou colocalas nun vaso onde queirades… seguro que quedarán ben lindas.
     Tentade facelas e deseñalas vós mesm@s, pero por si non chegan as ideas, aquí deixamos unhas cantas.

https://www.youtube.com/watch?v=gbWRUl6rsRg

 Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

A FLOR MÁIS GRANDE DO MUMNDO

Marzo xa case rematou e o mes de Abril peta na porta. Os días son máis longos e, coa forza do sol e a choiva, a primavera fai saír as flores con enerxía e que cada día medren máis e máis. E falando de flores, aquí temos un fermosísimo conto titulado: “A Flor máis grande do mundo” de José Saramago.

https://www.youtube.com/watch?v=YUJ7cDSuS1U&feature=emb_logo

Nenos e nenas 6A Educación Infantil

lunes, 30 de marzo de 2020

DEBUXO, RECORTO E PEGO"

E despois de bailar coa canción do Crocodilo imos crear unha fermosa composición cos animais protagonistas.
 Precisamos papeis diferentes nos que poidamos debuxar e logo sexamos quen de recortar.

Buscade entre revistas, xornais vellos, catálogos diferentes... e debuxade neles crocodilos e elefantes.


Cando teñades suficientes, recortádeos e pegádeos nunha folla, cartón... e montade a vosa propia composición.
Si queredes, tamén podedes engadir outros animais a maiores.
E non esquezades poñerlle un título.
              
 Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

LES CROCODILES

Xa estamos a ¡¡¡LUNS!!!
Unha nova semana para disfrutar e para comezala con enerxía imos ir de marcha cunha canción infantil, desta volta, en francés... que ten por protagonistas 1 crocodilo e 1 elefante.
Veña, a mover esas pernas!!!

 https://www.youtube.com/watch?v=3YI08sRToU0&feature=youtu.be

Para que vexades que por todo o planeta, podemos atopar  cancións e contos para nenos e nenas en diferentes idiomas.
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

viernes, 27 de marzo de 2020

PAO DE CHOIVA


Aínda que estes días luce o sol, na primavera tamén soemos ter moitos días de choiva, así que propóñovos unha tarefa que espero vos guste. Imos crear un “Pao de Choiva”. Para iso precisamos un rolo do papel de cociña ou 2 pequenos do papel hixiénico (unidos para facer un solo tubo). 

Empezamos: 

1- Facer varios buratos pequenos no tubo 

2- Pasar un fío/la/cordel.. polos buratos, dun lado a outro do tubo, como si estivésemos cosendo. Por dentro do tubo os fíos veranse cruzando (Neste paso igual precisamos a axuda de papá ou mamá) 

3- Tapar un lado do tubo con papel ou calquera outro material para que quede pechado. Selamos con pegamento, cinta adhesiva ou similar. 

4- Botar polo lado aberto uns poucos garavanzos/arroz/lentellas... podedes mesturar 

5- Tapar o lado aberto 

6- Decorar con pinturas, papeis, teas, lazos… ao gusto de cada un 

E…¡¡¡ LISTO!!!

Tan só queda ver que ben soa. Movédeo en vertical, darlle voltas… e disfrutade co voso instrumento musical.

Esta é unha idea de Mónica Sánchez e Adriana Seoane que podedes atopar en: 

Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

NATURIZO CHEGOU

Xa estamos a venres, así que o primeiro que imos facer e mover o esqueleto con Naturizo, unha personaxe animada que vive na Serra de San Mamede en Ourense e que ten unha colección de contos que leva o seu nome.
 https://www.youtube.com/watch?v=dBawVsf63fA
 Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

jueves, 26 de marzo de 2020

SOPA DE LETRAS

Recordades a canción que escoitamos onte???... “Dime que fixeches”. Pois escoitádea outra vez e cantádea con Migallas. 

¿¿Xa está??  

Agora pensade nos nomes dos animais que aparecen: 



- GALO                          - BOLBORETA 



- CROCODILO              - AVESTRUZ 



- ELEFANTE                 - CEGOÑA 
 Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil