jueves, 28 de febrero de 2019

NAIS E PAIS CONTANDO CONTOS

Esta é a 1´º sesión deste curso con mamás e papás contadores de contos




Viñeron ao cole a contarnos contos Andrea a mamá de Arturo, Nuria a mamá de Pablo e David o papá de Manu.
Fomos xuntos á biblioteca e alí fixemos tres grupos cos contadores.
Resultado de imagen de onde estás caracol galego

David con Manu de axudante contounos o conto "ONDE ESTÁS CARACOL?", a historia dun caracol e unha lagartiña que un día se cruzaron no camiño e...




Andrea coa axuda de Arturo contounos o conto de "TROCO", a historia da ovella Catarina, unha ovella que cada tarde preparaba unha cunca de chocolate e sentaba a ler na súa cadeira favorita...

 E Nuria con Pablo de axudante contounos o conto de "OSO ATRAPABOLBORETAS", a historia dun osiño que vivía no bosque e que o máis lle gustaba era andar de paseo e coleccionar cousas que atopaba...
E así contando pasamos un moi bo rato con eles, e tanto que pensamos que nos gustaría que volvesen outro día e tamén outras mamás e papás fixesen o mesmo.
















Nenas e nenos 5ºA Educación Infantil