jueves, 28 de febrero de 2019

VISITA DE ORBIL E BELLA

Nestes días tivemos 2 visitas sorpresa... A de Orbil e a de Bella.
Orbil chegou unha mañán a clase sen previo aviso. Veu visitar o cole e avisarnos da próxima apertura do Salón do Libro. Nós prometemos ir visitalo alí.
 



E despois da visita de Orbil puidemos disfrutar da visita da Bella. Bella veu ao cole para demostrar que os cans poden ser moi educados e complacientes se nós os tratamos de xeito correcto e lles ensinamos a comportarse en diferentes situacións. 
Estivemos no Salón de Actos escoitando a mensaxe do seu adestrador e aprendimos moitas cousas:
- Aos cans non lle gusta que lle tiren da cola ou das orellas
- Se atopamos un can na rúa non debemos acariñalo nen dirixirnos cara el sen permiso
- Se temos un can debemos ensinalo a quedarse solo na casa cando é pequeno
E logo poidemos achegarnos e saludar a Bella antes de marchar. 


 
  
 
 
 
     
Nenas e nenos 5ºA Educación Infantil