jueves, 20 de junio de 2019

PORTADAS 3º TRIMESTRE

Preparamos as portadas para os nosos traballos. Xa rematamos curso.As vacacións e o verán estan xa aquí.



























Nenos e nenas 5ºA Educación Infantil
CEILP MANUEL VIDAL PORTELA

DEPORTE NO COLEXIO

Participamos no sorteo do  deporte de os nenos e nenas de 6º curso de primaria fan o venres para rematar o curso. Votamos pensando que curso será o mellor. ¿Acertaremos?












Nenas e nenos 5ºA Educación Infantil
CEIP MANUEL VIDAL PORTELA

COMPARTINDO TRABALLOS

Os nenos e nenas de 6º de Primaria fixeron unhas maquetas de circuitos xeniais. 

Como tiñamos moitas ganas de velas funcionando, viñeron a clase para amosárnolas, a nós e aos nenos e nenas da profe Agueda. Contáronnos como as fixeron, que materiais utilizaron e como funcionaban. 

¡¡¡Gustounos moitísimo!!! e estivemos moi atentos e atentas aos seus comentarios.

¡¡¡Grazas!!! rapaces e rapazas e tamén a súa profe Judit por compartir con nós ese ratiño e os vosos fermosos traballos.







Nenas e nenos 5ºA Educación Infantil
CEIP MANUEL VIDAL PORTELA

miércoles, 19 de junio de 2019

PRIMAVERA

Xa estamos en xuño e nós imos pouco a pouco rematando os traballos deste curso. O noso mural de primavera está cheo de fermosas flores, bolboretas, anduriñas... Tamén conta con algunhas das poesías que estivemos traballando no trimestre. Pero non o fixemos todo nós, foi en colaboración cos nenos e nenas da profe Águeda entre todas e todos fixemos un bo traballo.

E aquí vos deixamos o libro de Poemas que tamén elaboramos entre todas e todos, xa está listo!!!
Esperamos que vos guste.


Nenos e nenas 5ºA Educación Infantil
CEIP MANUEL VIDAL PORTELA