lunes, 11 de noviembre de 2019

CON D DE ARTE

 Este xoves, día 7, fomos visitar unha exposición titulada "Con D de Arte" ao Café Moderno.
Alí esperaban por nós Iago e Marta, os nosos guías.
Cando chegamos nos contaron que Pintafontes tiña un pequeno problema. As súas amigas, a liña e a cor, estaban enfadadas.  Estiveron pelexando e por accidente déronlle un golpe a Pintafontes deixándolle un ollo morado.
Percorremos a exposición en busca das liñas e as cores que había nos cadros e comprobamos como pouco a pouco volveron facerse amigas e o problema quedou solucionado.
Ao rematar a visita e antes de voltar ao cole, nós tamén fixemos uns fermosos cadros cheos de liñas e de cores.



















Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Esta semana poidemos disfrutar da visita de Anxo Moure (Carballo con Botas) e Servando Barreiro para contar e cantar con nós na biblioteca do cole.
Contaron e cantaron historias de fadas, de trasnos, da Apalpadora, da Xacia Luviñas... e moitos máis seres fantásticos cos que nos enfeitizaron.
Desfrutamos moito escoitándoos e formando parte das súas historias.
¡¡Moitas grazas Anxo e Servando!! por compartir con nós e achegarnos un pouquiño máis ao fermoso "Mundo da Fantasía".
 

















 Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

lunes, 28 de octubre de 2019

FOLLAS OUTONO

As cores do noso pario, van cambiando,  as árbores quedan desnudas e o chan cheo de follas, recollémolas,  e pensando, pensando ¿Qué podemos facer con elas?
Nós, e así empezamos, partindo da folla debuxámonos.






















Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil