martes, 31 de marzo de 2020

CREAMOS FLORES


E para sentir na nosa casa esa forza da Primavera, imos tentar crear fermosas flores, pero non debuxadas ou pintadas, senón fóra do papel. 
Teremos que crealas con todo aquelo que teñamos a man para encher de cores o noso fogar. 

- Buscade pauciños, papel para enrolar ou similar para facer os talos e poder colocalas logo de pé.

- Agora precisamos facer a flor cheíña de pétalos (moldes magdalenas, algodón, botóns, papel, tea…) e fixala no talo.

- Para rematar podemos engadir algunha folliña se nos parece.

Cando teñades varias, podedes repartilas polos diferentes lugares da casa, facer un ramo para a sala ou colocalas nun vaso onde queirades… seguro que quedarán ben lindas.
     Tentade facelas e deseñalas vós mesm@s, pero por si non chegan as ideas, aquí deixamos unhas cantas.

https://www.youtube.com/watch?v=gbWRUl6rsRg

 Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

A FLOR MÁIS GRANDE DO MUMNDO

Marzo xa case rematou e o mes de Abril peta na porta. Os días son máis longos e, coa forza do sol e a choiva, a primavera fai saír as flores con enerxía e que cada día medren máis e máis. E falando de flores, aquí temos un fermosísimo conto titulado: “A Flor máis grande do mundo” de José Saramago.

https://www.youtube.com/watch?v=YUJ7cDSuS1U&feature=emb_logo

Nenos e nenas 6A Educación Infantil

lunes, 30 de marzo de 2020

DEBUXO, RECORTO E PEGO"

E despois de bailar coa canción do Crocodilo imos crear unha fermosa composición cos animais protagonistas.
 Precisamos papeis diferentes nos que poidamos debuxar e logo sexamos quen de recortar.

Buscade entre revistas, xornais vellos, catálogos diferentes... e debuxade neles crocodilos e elefantes.


Cando teñades suficientes, recortádeos e pegádeos nunha folla, cartón... e montade a vosa propia composición.
Si queredes, tamén podedes engadir outros animais a maiores.
E non esquezades poñerlle un título.
              
 Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

LES CROCODILES

Xa estamos a ¡¡¡LUNS!!!
Unha nova semana para disfrutar e para comezala con enerxía imos ir de marcha cunha canción infantil, desta volta, en francés... que ten por protagonistas 1 crocodilo e 1 elefante.
Veña, a mover esas pernas!!!

 https://www.youtube.com/watch?v=3YI08sRToU0&feature=youtu.be

Para que vexades que por todo o planeta, podemos atopar  cancións e contos para nenos e nenas en diferentes idiomas.
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

viernes, 27 de marzo de 2020

PAO DE CHOIVA


Aínda que estes días luce o sol, na primavera tamén soemos ter moitos días de choiva, así que propóñovos unha tarefa que espero vos guste. Imos crear un “Pao de Choiva”. Para iso precisamos un rolo do papel de cociña ou 2 pequenos do papel hixiénico (unidos para facer un solo tubo). 

Empezamos: 

1- Facer varios buratos pequenos no tubo 

2- Pasar un fío/la/cordel.. polos buratos, dun lado a outro do tubo, como si estivésemos cosendo. Por dentro do tubo os fíos veranse cruzando (Neste paso igual precisamos a axuda de papá ou mamá) 

3- Tapar un lado do tubo con papel ou calquera outro material para que quede pechado. Selamos con pegamento, cinta adhesiva ou similar. 

4- Botar polo lado aberto uns poucos garavanzos/arroz/lentellas... podedes mesturar 

5- Tapar o lado aberto 

6- Decorar con pinturas, papeis, teas, lazos… ao gusto de cada un 

E…¡¡¡ LISTO!!!

Tan só queda ver que ben soa. Movédeo en vertical, darlle voltas… e disfrutade co voso instrumento musical.

Esta é unha idea de Mónica Sánchez e Adriana Seoane que podedes atopar en: 

Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

NATURIZO CHEGOU

Xa estamos a venres, así que o primeiro que imos facer e mover o esqueleto con Naturizo, unha personaxe animada que vive na Serra de San Mamede en Ourense e que ten unha colección de contos que leva o seu nome.
 https://www.youtube.com/watch?v=dBawVsf63fA
 Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

jueves, 26 de marzo de 2020

SOPA DE LETRAS

Recordades a canción que escoitamos onte???... “Dime que fixeches”. Pois escoitádea outra vez e cantádea con Migallas. 

¿¿Xa está??  

Agora pensade nos nomes dos animais que aparecen: 



- GALO                          - BOLBORETA 



- CROCODILO              - AVESTRUZ 



- ELEFANTE                 - CEGOÑA 
 Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

miércoles, 25 de marzo de 2020

ANIMAIS COAS MIÑAS MANS

Despois de escoitar e bailar a canción de Migallas, temos unha proposta ben divertida para vós. Elixide 4 animais dos que aparecen na canción e utilizando as vosas mans como base debuxádeos e decorádeos. Aquí deixamos algúns modelos, estes non aparecen na canción, por suposto, pero poden servir de inspiración.



Cando os teñades non esquezades poñerlle o nome a cada un. É unha tarefa que require un pouquiño máis de esforzo, pero estou segura que sodes quen de facelo. Tentádeo, xa sabedes que se perdemos algunha letra despois a completamos entre tod@s. ¡¡¡Adiante!!!
Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

DIME QUE FIXECHES

Para empezar o día temos unha canción de Migallas titulada “Dime que fixeches”. Podedes cantala e bailala e… estade ben atentos e atentas para recordar os animais que van aparecendo.

https://www.youtube.com/watch?v=4jtbAyVC7A0
Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil
 
 
 
 
 
 
 

martes, 24 de marzo de 2020

O CONTO NON PARA

Desta volta vai un conto dunha iniciativa distinta:"Festival Atlántica", trátase dun Festival Internacional de Narración Oral que navega por toda a xeografía galega. Aínda que este ano a súa programación está cancelada seguindo as medidas cautelares de confinamento destas semanas, podemos seguir as súas historias na súa canle.Hoxe toca disfrutar do conto con Noelia Carioca, unha contadora salmantina.


https://www.youtube.com/watch?time_continue=4&v=geMIsTzdyi4&feature=emb_logo
Nenas e nenos 6ºA Educación  Infantil






lunes, 23 de marzo de 2020

O PASO DO TEMPO

Unha recomendación que recordaremos de cando en cando, non esquezades ir marcando no voso calendario en que día estamos e o tempo que fai: sol, choiva, nubes... 
Podedes aproveitar para marcar as datas especiais para cada un e cada unha de vós.
Así iremos vendo o paso do tempo e á volta tamén falaremos das cousas importantes que aconteceron.
 Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

POESÍA


Elixide unha das 4 estrofas que aparecen debaixo, (podedes pedir axuda para que primeiro alguén volas lea), e logo copiade a escollida nunha folla e decorádea ao voso gusto. 
POEMAS - ROSALÍA DE CASTRO

1 
 ADIOS, RÍOS; ADIOS, FONTES;
ADIOS, REGATOS PEQUENOS; 

ADIOS, VISTA DOS MEUS OLLOS:
NON SEI CANDO NOS VEREMOS.


2
MIÑA TERRA, MIÑA TERRA,
TERRA DONDE ME EU CRIEI,
HORTIÑA QUE QUERO TANTO,
FIGUEIRIÑAS QUE PRANTEI.


3
DEIXO AMIGOS POR ESTRAÑOS,
DEIXO A VEIGA POLO MAR,
DEIXO, EN FIN, CANTO BEN QUERO...
¡QUEN PUDERA NON DEIXAR!..
.

4
XA SE OIEN LONXE, MOI LONXE,
AS CAMPANAS DO POMAR;
PARA MIN, ¡AI!, COITADIÑO,
NUNCA MÁIS HAN DE TOCAR.


Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

ROSALÍA PEQUENIÑA

Como este fin de semana foi o "Día da Poesía" imos seguir un pouquiño xogando arredor dela. Coñecemos varios poemas e varios autores que nos gustan moito. Hoxe imos gozar dun conto que fala dunha das poetisas máis recoñecidas da nosa terra: “Rosalía Pequeniña”


Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

viernes, 20 de marzo de 2020

COLLAGE

E xa que estamos na primavera podemos aproveitar para facer unha das actividades que estabamos practicando no cole nos últimos talleres: o collage.
Buscade papeis de diferentes cores e texturas, revistas, tesoiras, ceras, rotuladores e pegamentos e imos facer un collage de primavera. Pensade cales son as vosas cores preferidas e que tipo de paisaxe ides elaborar.
Antes de empezar podedes ver este vídeo onde o artista crea unha fermosa paisaxe con papeis de diferentes texturas. Fermoso, verdade?... estou desexando ver os vosos!!!

  https://www.youtube.com/watch?time_continue=3&v=0hG-mgQPess&feature=emb_logo
Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

A PRIMAVERA XA ESTÁ AQUÍ

E chegou a PRIMAVERA, a nova estación comeza dun xeito especial. Este ano teremos que esperar uns días para saír saltar coas bolboretas e os paxaros... pero podemos facelo imitando os seus movementos pola casa:
-Saltar como as ras e os coellos
-Voar como bolboretas e paxaros
-Arrastrarnos como as serpes ou os vermes
e todos aqueles animais que se nos poidan ocorrer. (Eso si, moito ollo coas esquinas, os mobles...)
Todo isto mentras escoitamos este fermoso conto musical da "Primavera de Vivaldi". 

https://www.youtube.com/watch?time_continue=1&v=kwCnBYs2QvA&feature=emb_logo
 
E coa primavera chega tamén o "Día da Poesía e Día da Árbore". Será o sábado 21, e si revisades en Bibliopiquín atoparedes algún recurso para conmemorar ese día.
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

CADA DÍA UN CONTO

Quero presentarvos a iniciativa dunha mamá Marta García que decidiu dedicar de luns a venres media horiña cada día ás 12h, a contar contos nestes días de confinamento. Para todas e todos os que queiran conectarse:  #CuentacuentosMarta www.smartlocuciones.com

Para empezar deixo esta mostra
https://www.youtube.com/watch?time_continue=4&v=gNd55i_lnV4&feature=emb_logo
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

miércoles, 18 de marzo de 2020

PANDEMIA DE CONTOS

 
Pandemia de contos é unha iniciativa do colectivo NOGA , Narración Oral Galega, que decidiron compartir contos con todas e todos nós. Aquí deixamos unha mostra, pero hai máis na mesma canle.
 
https://www.youtube.com/watch?time_continue=17&v=PFt7WnF87Ts&feature=emb_logo
 
 
 Nenos e nenas 6º A Educación Infantil
CEIP MANUEL VIDAL PORTELA

CAE UNA GOTICA DE AGUA


Tamén toca cantar, e sei que hai unha canción que coñecedes todas e todos que nos gusta moitísimoooo. Así que para que a cantedes en familia, que lla poidades ensinar a mamás e papás... temos "A gotica de agua"... recordades???

https://www.youtube.com/watch?v=2WCSVfqci-A


Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil
CEIP MANUEL VIDAL PORTELA

EDUCLAN

Hoxe toca empezar con algunha ferramenta dixital. 

Educlan é unha ferramenta educativa creada especialmente para estas semanas de peche educativo. nos medios dixitais de Clan. Está coordinada co Ministerio de Educación e Formación Profesional coa axuda das editoriais educativas. Nesta páxina podedes atopar contidos audiovisuais para nenas e nenos de 3 a 10 anos.

https://www.rtve.es/infantil/series/educlan-3-5-anos/ 

Un ratiño de cando en cando, pero xa sabedes... tamén cociñar, debuxar, recortar, descansar, contar contos, escoitar, xogos de mans, bailar, cantar, olimpiadas deportivas na casa, ordear as miñas cousas, facer listaxes, cubrir o calendario, anotar ingredientes das receitas... e todas cantas cousas se vos poidan ocorrer.
Nenas e nenos 6ºA educación Infantil
CEIP MANUEL VIDAL PORTELA

martes, 17 de marzo de 2020

O ABECEDARIO

 O Abecedario, dun xeito atractivo e entretido. Tamén podemos bailala, cantala  e compartila en familia. Disfrutádea


clicade na imaxe


Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil
CEIP MANUEL VIDAL PORTELA

GRAZAS POLO VOSO TRABALLO

Invítovos a participar nesta iniciativa que me parece unha tarefa fermosa para estes días. Cadaquén decide o/a personaxe a debuxar. Cando o teñades, facedes unha foto e a ser posible enviádea para que poidamos elaborar unha presentación conxunta de todos os debuxos.
Idea orixinal Alba Pacín. Adaptación Chus Vázquez

Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

"CARTA PARA ORBIL"






Como xa sabedes Orbil atopábase un pouquiño triste porque non poidemos ir visitalo. Pero nestes días xa está mellor. Moitas nenas e nenos están a enviarlle cartas e debuxos para que poida pasar estas semanas mellor e non se sinta tan só.
Así que si vos apetece aquí vos deixo a súa dirección e as instruccións para que lles fagades chegar os vosos debuxos. Orbil estará encantado de recibilos.

https://www.salondolibro.gal/edicion2020/wp-content/uploads/2020/03/Carta-Orbil.pdf

 
Clicade nas imaxes para chegar aos diferentes enlaces (Imaxes do Salón do Libro)
Texto que podedes consultar na páxina do Salón do Libro:

#EuQuedoNaCasa e Orbil tamén. Anda un pouquichiño triste pola cancelación do Salón pero... E se xa que quedamos na 🏠, ben podiamos aproveitar para escribirlle unha 📨e entrar no sorteo de DEZ 🔟 lotes de libros (e outras cousas chulísimas!) entre todas as cartas participantes. No buzón do Salón xa recibimos algunhas pero habilitamos hoxe un BUZÓN VIRTUAL 📬📧📨📩📯📜 para todas as propostas que nos mandedes ao email: salondolibro@pontevedra.gal

Podedes usar a carta do programa en papel e facerlle foto e enviala, descargar a carta do web: https://www.salondolibro.gal/programacion-2020


ou facela nun documento word, nun folio, nunha folla de papel reciclado, nun cartón, cartolina, nunha folla de leituga (non, que son para comer!), en papel de WC (menos aínda que escasea!)... no soporte que vos pete, a imaxinación non ten límites! Facede unha foto á carta ou escaneade e enviade! Tedes ata o 26 de marzo e podedes enviar cantas propostas queirades! #OrbilQuedaNaCasa


Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil
CEIP MANUEL VIDAL PORTELA


IDEAS PARA FACER NA CASA





Aquí tendes un vídeos feito por Dibujario con algunhas ideas xerais de cousas que podemos facer en casa ao longo destes días. Seguro que algunhas delas xa as estades poñendo en práctica.


https://www.youtube.com/watch?v=8s1rH_-8PE0  

 

Xa iredes contando cales vos resultan máis agradables ou entretidas.
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

lunes, 16 de marzo de 2020

"ROSA CONTRA O VIRUS"



Con este conto, podemos entender de forma sinxela o que pasa con este "bichiño" chamado Coronavirus, que fai que teñamos que quedar na casa... e tamén a importancia de seguir as recomendacións que nos están dando. É ademais un xeito de que o coñezan sacando os medos e dándolles tranquilidade. Aínda que sexa unha situación especial manter a calma e sentir a tranquilidade das persoas adultas danos seguridade e confianza aos peques da casa.
 Conto creado por:"Colegio Oficial de la Psicología de Madrid"


 Clica na imaxe para ver o video
"Colegio Oficial de la Psicología de Madrid"

Nenos e nenas 6ªA Educación Infantil
CEIP. MANUEL VIDAL PORTELA

NENAS E NENOS DE 6ºA EDUCACIÓN INFANTIL



Para todos os nenos e nenas de clase un forte abrazo, moi grande, moi grande e a esperar uns días que nos toque voltar ao Cole, non vos olvidedes de ir  marcando estos días no calendario para logo recordar cantos foron.
   Non podemos saír a rúa, nin os parques, máis na casa tamen podemos facer moitas cousas:

Xogar
Debuxar
Escribir
Ler
Recortar
Collaxes 
Axudar
etc.


Vou ir subindo cousas  para que os nenos e nenas que queirades os fagades na casa.

Tamen vou subir ao blog todo o que fixemos ao longo deste curso así que non os olvideis de miralas para compartilas con mamá e papá


 Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil
CEIP MANUEL VIDAL PORTELA

martes, 10 de marzo de 2020

SALÓN DO LIBRO

Preparamos o traballo para o Salón do Libro


Inventamos a historia cos nenos e nenas de 6ºB, repatimos os textos e escribimolos. Facemos os debuxos.

 
 
 
 
As dúas clases montamos o libro
Buscamos un título co que todos e todas estamos de acordo.
 
Unha vez rematado vai para o Salón.
Alumnado 6ºA educación Infantil
CEIPL MANUEL VIDAL PORTELA