Despois de escoitar e bailar a canción de Migallas, temos unha proposta ben divertida para vós. Elixide 4 animais dos que aparecen na canción e utilizando as vosas mans como base debuxádeos e decorádeos. Aquí deixamos algúns modelos, estes non aparecen na canción, por suposto, pero poden servir de inspiración.
Cando os teñades non esquezades poñerlle o nome a cada un. É unha tarefa
que require un pouquiño máis de esforzo, pero estou segura que sodes
quen de facelo. Tentádeo, xa sabedes que se perdemos algunha letra
despois a completamos entre tod@s. ¡¡¡Adiante!!!
Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil
No hay comentarios:
Publicar un comentario