Elixide unha das 4 estrofas que aparecen debaixo, (podedes pedir axuda
para que primeiro alguén volas lea), e logo copiade a escollida nunha
folla e decorádea ao voso gusto.
POEMAS - ROSALÍA DE CASTRO1
ADIOS, RÍOS; ADIOS, FONTES;
ADIOS, REGATOS PEQUENOS;
ADIOS, VISTA DOS MEUS OLLOS:
NON SEI CANDO NOS VEREMOS.
2
MIÑA TERRA, MIÑA TERRA,
TERRA DONDE ME EU CRIEI,
HORTIÑA QUE QUERO TANTO,
FIGUEIRIÑAS QUE PRANTEI.
3
DEIXO AMIGOS POR ESTRAÑOS,
DEIXO A VEIGA POLO MAR,
DEIXO, EN FIN, CANTO BEN QUERO...
¡QUEN PUDERA NON DEIXAR!...
4
XA SE OIEN LONXE, MOI LONXE,
AS CAMPANAS DO POMAR;
PARA MIN, ¡AI!, COITADIÑO,
NUNCA MÁIS HAN DE TOCAR.
Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil
No hay comentarios:
Publicar un comentario