E xa que estamos na primavera podemos aproveitar para facer unha das
actividades que estabamos practicando no cole nos últimos talleres: o
collage.
Buscade papeis de diferentes cores e texturas, revistas, tesoiras,
ceras, rotuladores e pegamentos e imos facer un collage de primavera.
Pensade cales son as vosas cores preferidas e que tipo de paisaxe ides
elaborar.
Antes de empezar podedes ver este vídeo onde o artista crea unha fermosa
paisaxe con papeis de diferentes texturas. Fermoso, verdade?... estou
desexando ver os vosos!!!
Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil
No hay comentarios:
Publicar un comentario