jueves, 30 de abril de 2020

¿FACEMOS UN MAIO?

E por fin chegou o momento. Estamos no último día do mes de Abril. Mañá será o 1º de Maio. 

¿Quen se anima a facer o seu propio Maio na casa? 

Como o luns 4 é día non lectivo temos contando con hoxe 5 días para pensar, buscar materiais e elaboralo.

Non temos fiúncho, nin pampullos ou margaridas pero sempre podemos substituílos por outros materiais e ver que fermosas obras quedan. 

En primeiro lugar, precisamos buscar ou montar unha estrutura en forma de cono para a base (cartóns, cartolinas, pezas de xoguete…) 

- Temos que cubrilo con fiúncho, ¿que podemos utilizar para imitalo? (tiras de papel, fíos…) 

- O seguinte paso será facer colares de pampullos e margaridas ¿que se vos ocorre para as flores? 

- E xa por último podemos engadirlle laranxas e ovos ¿imitación ou reais? 

Cando o teñades non esquezades enviar a foto para que poidamos vela e cantar arredor del.
 Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

"O NOSO MAIO 2019"

No curso pasado fixemos o noso propio Maio na clase, ¿recordades?
Foi un traballo conxunto cos nenos e nenas da profe Águeda. Traballamos en pequenos equipos e en grupos algo máis numerosos.
Colaboramos entre todas e todos para colocar o fiuncho, facer colares cos pampullos e margaridas, colgar as laranxas… e ao final gracias á colaboración de todas e todos obtivemos un fermoso resultado. Aquí tendes a mostra.


 Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

miércoles, 29 de abril de 2020

CANTANDO O MAIO

Seguindo coa tradición dos Maios , aquí temos un pequeno vídeo onde podemos escoitar a nenas e nenos cantando na Ferrería. Cada ano son inventadas novas coplas para a ocasión, sempre con moito enxeño e relacionadas coa vida ao longo do ano.




Nenas e nenos 6ºA Educción Infantil



martes, 28 de abril de 2020

LIM: OS MAIOS


Despois do vídeo seguro que xa sabedes que esta semana imos falar da “Festa dos Maios”. 

É unha festa tradicional galega que se celebra todos os anos no 1º día dese mes. 

A forma do Maio e os materiais usados poden ser diferentes dependendo da zona. 

Na nosa cidade, en Pontevedra, pódense ver na Ferrería fermosos Maios e escoitar o canto das coplas feitas para a ocasión. 

¿Recordades que precisamos para facer un Maio? Temos que ter:

- Unha estrutura con forma de cono

- Fiúncho para a base

- Laranxas, ovos, pampullos e margaridas para a decoración
Pois aquí tendes unha actividade LIM na que podedes xogar con fotos do Maio, emparellar, buscar as palabras relacionadas e outras actividades para pasar un ratiño agradable.

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1338379554/contido/os_maios.html
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

MAIO VAI CHEGANDO

Abril xa vai rematando e o mes de Maio peta na porta. 

Nestes días podemos desfrutar xa dun ratiño ao aire libre, aínda que sempre mantendo as distancias coa xente que atopamos pola rúa. 
Os días son longos e como día a canción “Ahí ven o Maio”. Esperamos que vos guste.


Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil


lunes, 27 de abril de 2020

O MEU LIBRO


 Abril vai rematando e o noso libro tamén, así que, a proposta de hoxe consiste no seguinte: 

- Deseñar e engadir unha portada 

- Pensar e escribir nela un fermoso título 

- Engadir o voso nome como AUTOR-A E ILUSTRADOR-A 

 na contraportada 

- Paxinar o libro 

Deste xeito quedaría maquetado o noso libro e listo para lerllo a quen vos desexedes.

Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil




TE QUIERO (CASI SIEMPRE)

Seguimos no Mes do Libro e temos un novo conto feito, desta volta, pola profe Rebeca.

Ela animouse tamén a relatarnos unha fermosa historia, un conto que fala das emocións titulado:
“Te quiero (casi siempre)”
Unha linda versión. Moitas grazas por compartilo con nós Rebeca.

Agora imos disfrutar coa escoita.
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil


viernes, 24 de abril de 2020

AVENTURAS DOS SERES FANTÁSTICOS

Onte dixemos que pensarades como se sentirían os nosos Seres Fantásticos pechados nas súas casiñas: 

¿Como se sentirán tantos días na casa? 

¿Que aventuras estarán vivindo? 

¿Que farán para resolver os seus problemas? 

Imaxinade pois e tentade facer unha pequena historia co voso Ser Fantástico como protagonista. Podedes debuxala nas seguintes páxinas do libro, cantas como vos decidades e se é posible, escribila en 2 ou 3 pequenas frases. 

Así remataremos o noso libro.
 
 Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

A VIAXE DAS BOLBORETAS

Para rematar a Semana do Libro imos presentarvos un conto feito por unha mestra de Ed. Infantil do noso cole e a súa filla.  A profe María e  Lucía déronlle vida ao vermiño, a formiga, a xoaniña e ao resto das personaxes do conto "A viaxe das Bolboretas". O resultado é ben, ben fermoso e aquí o compartimos con todas e todos vós.

Moitas Grazas as dúas. Imos disfrutalo moooooooito.





E despois deste fermoso conto, deixamos unha recomendación para este finde... "Ir  ao Teatro".
Os amigos de Abonoteatro subiron as obras completas do seu catálogo. Si vos apetece podedes velas no seguinte enlace:


https://compras.abonoteatro.com/yomequedoencasa/
 

En concreto para @s peques da casa están as seguintes:
"La rebelión de los cuentos"
https://compras.abonoteatro.com/?pagename=espectaculo&eventid=2004
 

"Pedro y el lobo" - Ballet Infantil
https://compras.abonoteatro.com/?pagename=espectaculo&eventid=1971


Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020

Nas últimas semanas Piquín andaba un pouco triste pero… ao recibir tantas fotos recuperou toda a súa enerxía e xa está desexando que pronto poidamos compartir novas sesións de contos con el.
Hoxe xa é 23 de Abril, chegou o gran día para el, o “Día do Libro”. E por iso, ten preparado un agasallo moi especial para todas e todos nós na súa páxina. 
Así que clicade na súa imaxe e veredes o que andivo argallando.
http://bibliopiquin.blogspot.com/

Ademais quere recordarvos que ten unha chea de recursos relacionados cos Seres Fantásticos recollidos no apartado "Os nosos Proxectos" de Bibliopiquín.
Se queredes chegar a eles e botarlles unha nova ollada clicade no seguinte enlace:
"Un Mundo de Fantasía"

E xa para rematar, despois de ver o que PIQUÍN nos tiña preparado imos escoitar e bailar a canción “O Libro Máxico” de Migallas.

Está dedicada a todos os libros que nos fan viaxar coa axuda da imaxinación.
 E imaxinando, imaxinando… pensade como se sentirán os vosos Seres Fantásticos sen poder saír da súa casiña e que aventuras estarán vivindo.
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

miércoles, 22 de abril de 2020

O SEU FOGAR

E ao igual que Carabuñas ten a súa casiña, os nosos Seres Fantásticos precisan dunha para vivir. 

Imos pensar que cousas temos na casa para construír un fermoso fogar para cada un dos nosos seres. Podemos utilizar todo tipo de materiais. 

Cando rematemos a nosa obra podemos facerlle unha foto, imprimila e pegala no noso libro ou ben tentar debuxala. Tamén podemos deixar a páxina preparada para imprimir e pegar noutro momento. 

¡¡Mans a obra!! Hoxe seremos construtores.
 Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil.

CARABUÑAS

E o conto deste día titúlase “Carabuñas”. 
Carabuñas é un bruxo un tanto peculiar que pola noite sae buscar cativos para encher a súa despensa… pero é realmente tan temible como quere aparentar?? 
Este conto foi escrito por Margarita del Mazo e ilustrado por Charlotte Pardi e a montaxe do vídeo que ides escoitar elaborada por alumnado e profesorado do CEIP Coirón-Dena


Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

martes, 21 de abril de 2020

CHÁMASE


E como xa temos cadaquén o seu Ser Fantástico favorito agora temos que buscarlle un nome, porque, a todas e todos nos gusta que nos chamen polo noso. Pois o voso Ser Fantástico tamén precisa saber quen é.
Polo tanto, imos pensalo moito, moito… e cando atopemos o nome perfecto, imos poñelo na seguinte páxina do noso libro en letras ben grandotas e dobres e decoralo como sabemos facelo.
PIQUÍN vai estar encantado de ter novos personaxes fantásticos para facerlle compañía.
Moito ánimo!!! 
 Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil.

O GRÚFALO

Cada día un conto, un conto do Mundo de Fantasía que rodea ao noso benquerido PIQUÍN.

Así que, hoxe imos comezar coa historia dun ser que vive na fraga: “O Grúfalo”. Este conto foi escrito por Julia Donaldson para nenas e nenos coma vós.

É un dos preferidos de PIQUÍN e espero que o desfrutedes tanto coma el.

             

Nenos e nenas 6 A  Educación Infantil

lunes, 20 de abril de 2020

SER FANTÁSTICO FAVORITO

E falando de monstros… esta semana seguiremos co noso libro pensando cal é o Ser Fantástico favorito de cada un e cada unha. Na clase elixiramos 3 principais para facer os equipos:
-Dragóns
-Serea
-Fada da Auga
Pero hoxe imos buscar un ser fantástico diferente, imaxinamos como nos gustaría que fose e debuxámolo no libro. 
Nenos e nenas 6º A Educación Infantil




ONDE VIVEN OS MONSTROS

Imos empezar esta semana cun conto coñecido que a Piquín lle gusta moito:

 "Onde viven os mosntros" 

Nel fala dun neno chamado Max. Unha noite, despois dunha trasnada, Max inicia unha longa viaxe na que correra grandes aventuras, pero... 

Cal será o destino de Max?? Compartide a súa viaxe para descubrilo e disfrutade xunto a el.

Nenos e nenas 6º A Educación Infantil

viernes, 17 de abril de 2020

CUMPLEANOS ABRIL

¡MOITISIMAS FELICIDADES PARA LOIS E MARCELA!
(tecleamos na imaxe)
https://www.chiscos.net/xestor/chs/guidma8/losemarcela/losemarcela.html
Os nenos e nenas da clase mándanvos os seu cariño con  estos debuxos.
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

NO MEU CORAZÓN

Hoxe é venres, está chegando a “Fin de Semana”, e imos encher unha nova páxina do noso libro dun xeito moi especial.
Despois de escoitar a canción de María  Fumaça e bailar con ela  seguro que xa sabedes como segue a nosa historia.

Temos xa moitos datos sobre nós, pero fáltanos un moi, moi relevante… quen é importante para nós, ¿a quen levamos nos nosos corazóns? Esa é a nova proposta.

Imos representalos utilizando figuras como flores, corazóns..., elixindo a que máis nos guste. Farémolo con debuxo ou collage.

Aquí tendes unhas cantas ideas:

- Un campo de flores

- Unha galaxia de estrelas - Unha árbore con follas / flores / froitas - Un mundo de corazóns

Segundo o modelo elixido, faremos unha flor / estrela / folla da árbore / corazón… por cada un dos seres importantes para nós e dentro de cada debuxo ou ao lado escribiremos o seu nome.
Podemos inventarnos outras formas de representalos. Decidide vós.


Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

EU TEÑO ALGUÉN NO MEU CORAZÓN

Para rematar a semana, temos unha canción moi fermosa do grupo María Fumaça titulada “Eu teño alguén no meu corazón”. 
Imos dedicarlla a todas aquelas persoas que todas nós levamos nos nosos corazóns, estean cerca ou lonxe, pero que vaiamos onde vaiamos seguen estando.  
https://www.youtube.com/watch?v=HiHDRCyV5Es

Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

jueves, 16 de abril de 2020

NÚMEROS NO NOSO CORPO

"Unha vez rematado o baile toca pensar.   
Ímonos sentar, pechar os ollos e  pensar no noso corpo e nos números que podemos atopar nel.
Recorrede coa mente as diferentes partes do corpo e cando teñades as ideas ben clariñas collede o voso libro e imos a pola páxina 3.
Veremos cantos números se vos ocorren que teñan que ver con vós…
pensade coa axuda de algún adulto en cantidades, medidas... Podedes simplemente escribir os datos co nome e número ou… debuxar e poñer o
número correspondente."
Nenos e nensa 6ºA Educación Infantil

O ESQUELETO

Estamos a mércores, no medio da semana, arriba todo o mundo que imos mover o esqueleto. 
Toca bailar e cantar para espertar ben o noso corpo con Migallas e a súa canción “O Esqueleto”. 
Nesta ocasión son os nenos e nenas do CEIP A.D.R. Castelao de Ordes os que nos invitan a facelo, animade tamén aos que tendes ao redor.   
https://www.youtube.com/watch?v=C4kLuHahKmI
  Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil
 

miércoles, 15 de abril de 2020

ONDE VIVIMOS

E despois de escoitar o conto imos continuar co noso libro falando de “Onde vivimos”. 
Ao igual que a Mosca Chosca, cada un e cada unha de nós ten a súa casa, así que imos preguntar a alguén da nosa familia cal é o noso enderezo e imos escribilo. 
Logo teremos que debuxar a casa na que vivimos. 
E antes de rematar temos que anotar outro dato importante: os números de teléfono da nosa casa.
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

A CASA DA MOSCA CHOSCA

Hoxe toca divertirnos un ratiño co conto “A casa da Mosca Chosca”. Trátase dun conto popular ruso adaptado por Eva Mejuto e ilustrado por Sergio Mora. Esperamos que vos guste.
 
https://www.youtube.com/watch?v=lRHzLroe-bY
  Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

martes, 14 de abril de 2020

O MEU LIBRO



Neste mes de abril, como sabedes, estamos no Mes do Libro. 

E por iso, esta semana, queremos arrancar cunha proposta moi especial:

"Que cada un e cada unha de nós faga o seu propio libro". 

Cada día iremos enchendo unha páxina e completando a nosa historia.

O primeiro que precisamos é coller 12 follas, colocalas en sentido horizontal e pegalas, grapalas, unilas…por un lateral, de xeito que teñamos o noso libro preparado para ir enchendo pouquiño a pouco. 

E agora a pola primeira páxina. Nesta temos que presentarnos, así que escribimos:

- Nome, 

- Apelidos

- Idade 

E nos debuxamos.

Nenos e nenas 6ºA Educcion Infantil









RA DA BOCA GRANDE

Xa remataron as vacacións de Pascua e para poñernos de novo en marcha imos comezar cun conto, “Ra da Boca Grande”. Historia compartida por NOGA, (Narración Oral Galega),seguindo coa súa iniciativa “Pandemia de Contos”.  Hoxe, cunha contadora que temos moi, moi preto… Andrea Bayer. Desfrutádeo.


https://www.youtube.com/watch?v=nWEQ77HvvFQ

Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil



lunes, 13 de abril de 2020

A LOBIÑA FEA.

  Un  conto moi especial que nos trae Pandemia de contos (colectivo NOGA: narración oral galega)
O contador chámase Brais Moure e a súa historia titúlase: "A Lobiña Bea". Disfrutádeo.

https://www.youtube.com/watch?v=4qmDwsfWfvQ
 Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

viernes, 3 de abril de 2020

EXPERIMENTO: PINTURAS CASEIRAS


E xa, casi, casi, entrando nas vacacións, imos propoñervos un experimento que podedes facer na casa con materiais que seguro todas e todos tendes na cociña.
Pero, desta volta, non se trata de ningunha receita, imos facer "Pinturas Caseiras".
Pinturas que logo podemos utilizar para facer fermosas obras con distintas técnicas: pintado con pincel, co dedo, esponxa, corcho, ou calquera outro material que se vos pase pola cabeza.
Os ingredientes para a base da pintura son os seguintes:
- Sal
- Fariña
- Auga
A mesma cantidade de cada cousa... empezade por pouca e logo se precisades sempre podedes fabricar máis.
Xa temos a pintura blanca, pero... como lle damos color??? Moi sinxelo, con "Colorantes Alimenticios". Seguro que na casa podemos atopar: azafrán, pimentón, café, pirixel... calquera substancia que poidamos mesturar. Tamén podemos utilizar colorantes líquidos como aparece no vídeo que tendes abaixo, aínda que a textura será diferente.
Así que, mans á masa e a traballar.
Aquí tendes un vídeo onde explica paso a paso como facelo. Neste caso, como xa dixemos,  engade as cores utilizando colorantes líquidos, pero podemos utlizar calquera outro.

 
https://www.youtube.com/watch?time_continue=1&v=1ri6--ZahfU&feature=emb_logo

 
Tendes todas as vacacións para probar diferentes combinacións. 
Como suxestión probade con ralladura de laranxa, limón...machacando diferentes mondas e follas de froitas e verduras, veredes que cores máis intensas podedes conseguir.
E antes de que empezedes as vacacións, decirvos que na barra lateral do blog, arriba, no apartado "Tempo na Casa", tendes varias actividades de Psicomotricidade e Informática organizadas polas mestras de Apoio de Ed. Infantil, moi aproveitables para estas datas.
Boas Vacacións a todas e todos e ata pronto.

Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

HISTORIA DE UN ABRAZO

Como chegan as vacacións de Semana Santa e temos que decirnos ata pronto de xeito virtual... aquí tendes un conto especial. Unha historia que coñecemos e vimos moitas veces, pero que nos gusta moito pola súa tenrura.

Para abrazar aos que tendes cerca fisicamente e aos que están ao outro lado da pantalla.
 
https://www.youtube.com/watch?v=8EU0J6MrYxo&feature=emb_logo

Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil


jueves, 2 de abril de 2020

"ABRIL, MES DO LIBRO"

2 de Abril de 2020, como todos os anos nesta data, hoxe celébrase o “Día do Libro Infantil”. 

Estamos a xoves, case chegando ao remate da semana, pero...

PIQUÍN non esquece as datas importantes, así que, ten unha proposta especial para nós. Quere facer unha homenaxe especial ao LIBRO... e precisa da nosa axuda. Mirade a súa proposta.

Clicade na imaxe e chegaredes axiña.

http://bibliopiquin.blogspot.com/

Espero que disfrutedes cos contos e cancións que nos propón para este día e que atopedes esa Historia Fantástica que tanto vos gusta. Agardo as vosas fotos para a exposición.
Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

DÍAS DA SEMANA



Nas portas dunhas vacacións de Pascua un tanto diferentes é importante non perder de vista o paso de cada día e cada semana. E para axudarnos nesta tarefa imos repasar cantando os “Días da Semana” cunha canción de Mamá Cabra

 

 Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil



miércoles, 1 de abril de 2020

ABRIL

Hoxe comeza o mes de Abril, así que precisamos unha nova folla de calendario. E… desta volta, cadaquén vai elaborar o seu modelo.

Aquí tendes un exemplo para seguir. Iremos paso a paso:

- Escribir o nome deste mes, ABRIL, arriba na folla e marcar 1 liña horizontal por debaixo

- Dividir o espazo que queda en 7 partes trazando liñas verticais

- Trazar liñas horizontais para facer os cadros. Contade cantas filas precisades.

- Escribir os días da semana na primeira fila

E xa temos o noso calendario preparado para marcar o paso do tempo en abril.

Si vos apetece podedes decoralo.
 
 Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil











OS MESES DO ANO

Estamos a mércores, 1º Día do mes de Abril, e imos comezalo cantando a canción dos meses do ano. 
Esta canción é do grupo Pirilampo, estou segura de que vos vai gustar. Fixádevos que coas súas mans tamén cantan, utilizando a linguaxe de signos. Disfrutádea. 

https://www.youtube.com/watch?time_continue=4&v=8bsk1_qndwM&feature=emb_lo
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil