Despois de
escoitar a canción de María Fumaça e
bailar con ela seguro que xa sabedes
como segue a nosa historia.
Temos xa
moitos datos sobre nós, pero fáltanos un moi, moi relevante… quen é importante
para nós, ¿a quen levamos nos nosos corazóns? Esa é a nova proposta.
Imos representalos utilizando figuras como flores, corazóns..., elixindo a que máis nos guste. Farémolo con debuxo ou collage.
Aquí tendes
unhas cantas ideas:
- Un campo
de flores
- Unha
galaxia de estrelas
- Unha
árbore con follas / flores / froitas
- Un mundo
de corazóns
Segundo o
modelo elixido, faremos unha flor / estrela / folla da árbore / corazón… por cada un dos
seres importantes para nós e dentro de cada debuxo ou ao lado escribiremos o
seu nome.
Podemos
inventarnos outras formas de representalos. Decidide vós.Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil
No hay comentarios:
Publicar un comentario