Hoxe comeza o mes de Abril, así que precisamos unha nova folla de
calendario. E… desta volta, cadaquén vai elaborar o seu modelo.
Aquí tendes un exemplo para seguir. Iremos paso a paso:
- Escribir o nome deste mes, ABRIL, arriba na folla e marcar 1 liña horizontal por debaixo
- Dividir o espazo que queda en 7 partes trazando liñas verticais
- Trazar liñas horizontais para facer os cadros. Contade cantas filas precisades.
- Escribir os días da semana na primeira fila
E xa temos o noso calendario preparado para marcar o paso do tempo en abril.
Si vos apetece podedes decoralo.
Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil
No hay comentarios:
Publicar un comentario