Neste mes de abril, como sabedes, estamos no Mes do
Libro.
E por iso, esta semana, queremos arrancar cunha proposta moi especial:
"Que cada un e cada unha de nós faga o seu propio libro".
Cada día iremos enchendo unha páxina e completando a nosa historia.
O primeiro
que precisamos é coller 12 follas, colocalas en sentido horizontal e
pegalas, grapalas, unilas…por un lateral, de xeito que teñamos o noso
libro preparado
para ir enchendo pouquiño a pouco.
E
agora a pola primeira páxina. Nesta temos que presentarnos, así que escribimos:
- Nome,
- Apelidos
- Idade
No hay comentarios:
Publicar un comentario