viernes, 29 de mayo de 2020

A QUE SABE A LÚA

Rematamos esta semana cun conto ben coñecido "A que sabe a Lua?", nunha fermosa presentación feita pola profe Natalia e que quere compartir con nós. 

Unha linda versión para desfrutar no día de hoxe.

Moitas Grazas Natalia. 



E despois do conto, imos movernos coas novas propostas de Psicomotricidade que nos enviaron as profes Natalia e Rosi. Desfrutádeas moito.









Propostas que tamén podedes atopar en "Tarefas na Casa" en Psicomotricidade 8.
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

jueves, 28 de mayo de 2020

A NOITE DAS MUDANZAS

O último conto que imos traballar nesta semana é “A noite das Mudanzas”, escrito por Pep Bruno e que nos achega aos animais da granxa dunha maneira divertida.



Como tarefa, a proposta para hoxe é a seguinte:
1º- Escribir o título do conto
2º- Debuxar unha granxa
3º- Facer en collage a lo menos 3 dos animais que saen no conto e pegalos na granxa
Utilizade materias diversos para facelos: algodón, papel arrugado, tiras de papeis de cores, tea, la…
4º- Anotar se este conto me gusta, se me gusta solo un pouco ou non me gusta nada
Aquí tendes a portada do conto e o modelo co título e valoración.


Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

miércoles, 27 de mayo de 2020

OS SEIS BARBUDOS


Estamos a mércores, no medio da semana, e toca un conto que nos fala de como poden enganar as aparencias e crear prexuízos inxustos. Trátase do conto “Os seis Barbudos” escrito por Mar Pavón.
Desfrutádeo.




En canto a tarefa proposta a partir do conto:
1º- Escribir o título do conto
2º- Facer o debuxo da páxina que máis vos guste
3º- Anotar se este conto me gusta, se me gusta solo un pouco ou non me gusta nada
Aquí tendes a portada do conto e o modelo co título e valoración.


Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil


martes, 26 de mayo de 2020

CHIBOS CHIBÓNS


Seguimos co conto “Chibos Chibóns”, un conto popular adaptado por Olalla González e ilustrado por Federico Fernández. 

Aquí temos un vídeo que esperamos que vos guste.


E a tarefa proposta para hoxe consiste en:

1º- Escribir o título do conto

2º- Debuxar unha paisaxe de montaña

3º- Facer noutro papel os 3 chibos: grande / mediano / pequeno. Teñen que diferenciarse ben os tamaños. É preciso deixarlles unha pestaniña por abaixo. 

4º-Recortar os chibos, dobrar a pestana de cada un e pegala, de xeito que os chibos se poidan levantar na paisaxe.

5º- Anotar se este conto me gusta, se me gusta solo un pouco ou non me gusta nada

Deixamos de novo a portada e o modelo co título e valoración por si queredes utilizalos de guía.


lunes, 25 de mayo de 2020

A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR


Estamos na última semana de Maio e ao longo destes días imos traballar cos contos, contos que xa coñecemos e que fomos desfrutando ao longo destes 3 anos que compartimos todas e todos xuntos.
De luns a xoves faremos un pequeno rexistro, con diferentes tarefas, partindo do conto de cada día .
Hoxe luns, comezamos con “ A Tartaruga que quería durmir”, conto de Roberto Aliaga


¿Cal e a tarefa proposta despois de ver e escoitar este conto? Aquí a tendes:

1º- Escribir o título do conto

2º- Debuxar a portada

3º- Anotar se este conto me gusta, se me gusta solo un pouco ou non me gusta nada

Aquí tendes a foto da portada do conto e o modelo de rexistro para esta tarefa, vos axudarán a realizala.



NENAS E NENSO 6º A EDUCACIÓN INFANTIL

viernes, 22 de mayo de 2020

MÚSICA E XOGOS TRADICIONAIS

Xa estamos a venres, temos que prepararnos para a fin de semana. Así que toca mover o corpo cunha canción de Brinca Vai titulada "Meu mundo é", a ver si recoñecedes os lugares que aparecen no vídeo. Podedes cantala e bailala.


E imos seguir con Xogos Tradicionais, agora coas propostas de Psicomotricidade que nos enviaron as mestras Natalia, Ana e Rosi para esta ocasión. Desfrutádeas en familia, tamén no sábado e domingo.

 






 Estas propostas tamén podedes atopalas no apartado "Tempo na casa" en Psicomoticidade 7.

Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

jueves, 21 de mayo de 2020

TRES EN RAIA

Sabemos o importante que é XOGAR, forma parte da vida de todas as persoas, sobre todo nos primeiros anos, na vosa idade é fundamental.
Ás veces xogamos sós, outras en parella e moitas en grupos.
Hoxe queremos propoñervos a elaboración dun xoguete para utilizar en parella, seguro que na vosa casa hai alguén que o coñece: "Tres en Raia".
Imos empezar cun pequeno vídeo no que explican os pasos para crear este xogo:
Agora toca facer o voso:
- Debuxar nunha folla un modelo do Tres en Raia e facer tantos cadrados como aparecen no vídeo
- Recortar o taboleiro e pegalo nun cartón, cartolina... que sexa algo máis grande, de xeito que quede unha marxe todo arredor.
- Escribir, onde se vexa ben, o nome do xogo "TRES EN RAIA"
- Deseñar as 6 fichas, 3 cun modelo e 3 con outro diferente. O deseño non ter que ser igual ao que aparece no vídeo. Poden ser animais, caras, froitas... Podemos facelas no material que queiramos.
- Decorar as 6 fichas
E... a xogar!!!
Nenas e nenos 6ºA Educacion Infantil

miércoles, 20 de mayo de 2020

XOGOS TRADICIONAIS

Como estamos na Semana das Letras Galegas, hoxe imos continuar facendo un repaso por algúns  Xogos Tradicionais. 
Seguramente as persoas adultas das vosas familias coñecen a maioría deles ou algún outro parecido. Tamén é posible que xogasen a eses xogos cando eran nenas e nenos coma vós. Preguntádelle  cales.
Aquí temos un vídeo feito por Francisco Rodríguez sobre xogos tradicionais nos que participan nenas e nenos dos "CEIP Mosteiro de Caveiro e CEIP de Piloño"

Despois de ver os diferentes xogos, imos elixir entre os que aparecen no vídeo e os que  recorden papás, mamás, avós, avoas... os 3 que máis nos gusten.
Agora que xa o temos decidido a tarefa consiste en:
- Escribir o nome deses 3 xogos 
- Escribir o nome dos obxectos que precisamos para xogar a cada un deles. 
- E para rematar, debuxar eses obxectos.
Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil 


lunes, 18 de mayo de 2020

XOGANDO COAS LETRAS GALEGAS

Imos continuar esta semana xogando coas Letras Galegas.

As profes Ana, Natalia e Rosi fixeron para nós unha selección de recursos e elaboraron unha actividade LIM para aprender xogando con algúns dos escritores e escritoras máis coñecidos homenaxeados nas Letras Galegas.
Para empezar imos desfrutar coa seguinte canción de "Uxía Lambona e a Banda Molona" titulada "Verdescente"



E despois de bailar con eles aquí tendes un LIM para coñecer mellor algúns dos escritores e escritoras galegos


https://www.chiscos.net/xestor/chs/guidma8/letras_galegas_20122/letras_galegas_2012.html

Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil




LETRAS GALEGAS 2020

Onte, domingo 17 de Maio, foi o "Día das Letras Galegas". Para Piquín é unha data importante e non quixo deixala pasar sen facervos unha proposta especial.
Esa proposta especial ven sendo a nosa tarefa de hoxe. 

Este ano, as Letras Galegas están dedicadas ao escritor Carvalho Calero, así que en Bibliopiquín tendes un vídeo sobre a súa vida e tamén un poema. 

E ademais, tendes unha presentación con fotos dos autores e autoras homenaxeados ao longo dos anos a partir da cal fai Piquín a súa proposta: realizar un retrato dunha desas persoas  caracterizada como Ser Fantástico Coidador da Lingua.

Fixádevos ben nas últimas fotos da presentación, porque seguro que algún será coñecido.

Clicade na seguinte imaxe e chegaredes axiña, Piquín espera con moita ilusión as fotos dos vosos traballos. 


http://bibliopiquin.blogspot.com/




Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil

viernes, 15 de mayo de 2020

UNHA CHEA DE FAMILIAS

Estamos en venres, 15 de Maio, e hoxe celébrase o "Día da Familia". 

Todas as nenas e nenos do mundo teñen DEREITO a ter  unha familia que os queira, os coide e se preocupe polo seu benestar. Nese sentido todas as nosas familias se parecen.

Pero tamén é certo que cada familia é diferente, polo número de persoas que conviven, como están formadas, os seus gustos... porque hai "Unha chea de Familias" diferentes e Todas, Todas son igual de válidas.

Para celebrar esta data imos comezar cunha canción baseada no conto titulado xustamente: "Unha chea de Familias", de Xosé A. Neira Cruz. 


E continuamos a nosa xornada cunhas propostas enviadas polas mestras de apoio de Ed. Infantil para xogar en familia ao longo do día e da fin de semana.

      




Estas propostas tamén podedes atopalas no apartado "Tempo na Casa" en Psicomotricidade 6.

Esperamos que as desfrutedes moito.
 Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil



jueves, 14 de mayo de 2020

IMITANDO A YAYOI KUSAMA

E para rematar esta semana de Arte viaxaremos ben lonxe, ata Xapón. Imos coñecer un pouquiño mellor a unha artista da que xa falamos fai algún tempo, Yayoi Kusama. 

Esta muller coñecida en todo o mundo, utiliza as formas redondeadas, os puntos e lunares para crear fantásticas obras como as que aparecen no seguinte vídeo:

A continuación tendes 2 das súas obras:


Observade ben, prestade atención ás formas, porque un dos elementos máis utilizados por Yayoi son como podedes ver os lunares.
A tarefa de hoxe consiste en facer o voso propio cadro cunha condición: que estea feito a base de LUNARES de cores.

Podedes facer unha paisaxe, debuxarvos vós, unha composición libre... o que queirades, pero tendes que encher a folla e estar feito ou decorado a base de lunares de cores. 

Utilizade os materiais que queirades: pintura, ceras, rotuladores, papeis variados para collage...

E cando teñades rematado, buscade un título e amosade o resultado para que todas e todos poidan desfrutalo.
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil 


miércoles, 13 de mayo de 2020

XEOMETRÍA CON PAUL KLEE

E imos con outro artista, desta volta alguén que chega de máis lonxe, Paul Klee, un pintor alemán ao que tamén lle gustaba moito xogar coas liñas e as formas. Para coñecer un pouquiño o seu estilo imos ver neste vídeo algunhas das súas obras.
Xa sabemos como pinta, agora veremos si somos quen de imitalo...¿que vos parece?
Fixádevos ben, ben nos seguintes cadros:


"PAISAJE CON PÁJAROS AMARILLOS"
   "BARCOS EN REPOSO"  
 
¿Xa pensastes cal é o voso favorito?
Pois tendes que decidir. 
Porque como xa seguro que adivinastes imos reproducir o que máis vos guste. 
Pero... temos que facelo con outra técnica diferente. Imos facer un collage. 
Fixádevos ben nas formas, con liñas rectas e curvas, teredes que facelas en papeis diferentes, cartóns, teas... e logo pegalas a modo de collage. 
Tamén podedes  utilizar ceras e rotuladores para completar algunhas zonas ou encher de cor. 
Pero hoxe, a parte principal da tarefa será o collage. 
E por suposto, non esquezades poñer o voso título
Estou desexando ver as vosas obras.
Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil.

martes, 12 de mayo de 2020

XEOMETRÍA CON MIRÓ

Despois do traballo que levamos feito estes días, imos ver como os grandes pintores utilizan as formas, as liñas e as cores. No seguinte vídeo veremos algunhas das obras de Joan Miró, un dos artistas españois máis coñecidos. Fíxádevos na de figuras que aparecen nos seus cadros.

Agora os artistas imos ser nós. ¿Seremos quen de imitar unha das obras deste gran pintor?

¡¡¡Seguro que si!!! 

 Mirade CON ATENCIÓN os seguintes cadros:

 "EL JARDÍN" 
 "CONSTELACIÓN ESPERANDO AL AMANECER"


¿Cal é a vosa preferida?

Elixide unha delas e tentade reproducila. 

Utilizade diferentes materiais de pintura, (ceras, rotuladores, lápices de cores, pinturas líquidas e pinceis) para diferenciar os elementos que aparecen no cadro elixido.

Aínda que as 2 obras teñen cadanseu título, buscade un para a vosa.

Agardamos ver as vosas fotos.

Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil









lunes, 11 de mayo de 2020

LIÑAS ABERTAS E PECHADAS

E para comezar esta nova semana imos xogar un pouquiño coas liñas. Seguiremos con "Xeometría" pero, desta volta, imos probar con algo diferente. Mirade o seguinte vídeo:

Agora tócanos a nós, pero en lugar de facer moitas liñas imos facer unha soa ¿como?...

Pois da seguinte maneira:

- Collemos un papel e un rotulador da cor que queiramos

- Empezamos no lugar do papel que máis nos guste e garabateamos sen levantar o rotulador
- Cruzamos dun lado a outro varias veces, trazamos curvas e rectas ata que decidamos parar
- Rematamos no punto de inicio

(Fixemos unha sola liña pero acadamos moitos espazos pechados diferentes)

- Para rematar coloreamos cada espazo pechado dunha cor, pódense repetir pero non quedar 2 cores iguais xuntas. 

A tarefa estará rematada cando a folla estea toda coloreada facendo un fermoso mosaico.
Aquí tendes algúns exemplos xa empezados que vos poden servir de modelo.

 
 

Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

viernes, 8 de mayo de 2020

AS ESTRELAS DOS SOÑOS


Para rematar esta semana non hai mellor maneira de facelo que cunha nova entrega de contos. 

Hoxe tócalle á profe Rosa. Ela quere compartir con nós un fermoso conto titulado "As Estrelas dos Soños". Unha linda versión que podemos desfrutar desde este momento. 

Moitas Grazas profe Rosa.



Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

PICOMOTRICIDADE NA CASA

Vídeo feito polos nenos e nenas que participaron no circuito de psicomotricidade
Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil

jueves, 7 de mayo de 2020

DESCUBRIMOS COA XEOMETRÍIA

Seguindo coa Xeometría, imos comezar por ver este novo corto do "Bosque dos Comos".
Aínda que non coñeceramos o nome "Corpo Xeométrico", seguro que ao ver as diferentes formas xa nos decatamos de que se trataba. 
Pois ben, onte, tomamos medidas de partes e cousas da casa. Hoxe, cando saiamos de paseo ou mirando pola ventá, imos fixarnos nas diferentes formas que podemos atopar na rúa. Seguro que vemos corpos con formas redondas e planas como decía no vídeo.
A tarefa proposta é buscar pola casa caixas, botes, pezas de xogos... coas que podamos representar algúns deses "corpos xeométricos" que atopamos na rúa: árbores, edificios, farois, fontes...
¿Que se vos ocorre que podemos construír?... Xogade coas pezas que atopedes, dádelles voltas, construíde a vosa cidade ao voso gusto.
Cando a teñades non esquezades sacarlle unha foto para ensinarlla aos demais.
 
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil.

miércoles, 6 de mayo de 2020

A XEOMETRÍA NA VIDA

¿Que é a Xeometría? ¿Onde está?
Pensade e escribide 2 ou 3 palabras como resposta.
E unha vez que as teñades imos ver o seguinte corto da serie “O Bosque dos Comos”.


 Agora xa sabemos que a nosa vida está rodeada de Xeometría, seguro que as vosas respostas tamén expresaban o mesmo, que todos os obxectos que podemos ver e tocar teñen diferentes formas.
Tamén sabemos que podemos representalos como figuras planas no papel debuxando a súa forma, ou por medio doutros materiais para darlles volume. 
Así que imos pensar en partes e cousas da casa que teñan diferentes formas e medidas. Podemos empezar por tomar esas medidas (alto, ancho, longo) como: 
- A nosa habitación, a porta, a mesa, un caixón… ou todo canto se vos ocorra. 
Ide anotando esas medidas e debuxando e escribindo nunha folla de que se trata. 
Tentade facelo a lo menos con 5 elementos ben diferentes.
Nenos e nenas 6ºA Infantil

martes, 5 de mayo de 2020

MAIO

Xa estamos en Maio, así que precisamos unha nova folla de calendario. E…como xa sabemos facelo, cadaquén vai elaborar o seu modelo.

Recordade ir paso a paso:

- Escribir o nome deste mes, MAIO, arriba na folla e marcar 1 liña horizontal por debaixo

- Dividir o espazo que queda en 7 partes trazando liñas verticais

- Trazar liñas horizontais para facer os cadros. Contade cantas filas precisades.

- Escribir os días da semana na primeira fila

E xa temos o noso calendario preparado.
Si vos apetece, por suposto, podedes decoralo.
 
Nenas e nenos 6ºA Educación Infantil


LA FLOR AVENTURERA


E comezamos esta primeira semana de maio cun novo conto, desta volta da man da profe Rosi. 
Ela preparou para nós "La Flor Aventurera", unha fermosa versión que hoxe compartimos aquí. 
Moitas Grazas profe Rosi. Toca disfrutar con esta linda historia.
 

 

Nenos e nenas 6ºA Educación Infantil


lunes, 4 de mayo de 2020

TRABALLOS FEITOS NA CASA.- SERES FANTÁSTICOS

SERES FANTÁSTICOS


 
 


 















6

Nenos e nenas 6º A Educación Infantil